Esixente cita para o Arxil no CGTD fronte o Azkoitia Azpeitia
Por Redacción
Esixente partido o que terá que disputar o Club Baloncesto Arxil este domingo no pavillón do Centro Galego de Tecnificacion Deportiva fronte ao Azkoitia Azpeitia ás 12:00 horas.
O equipo vasco, terceiro clasificado con 15 vitorias e 5 derrotas, poñerallo complicado a un Arxil que non afrontou unha das súas mellores semanas a pesar da vitoria lograda o domingo pasado ante o Adareva.
Así, tras unha semana que consistiu en recuperación máis que en preparación e coa ausencia de María Lago lesionada no último partido celebrado en Canarias, o equipo de Mayte Méndez enfrontarase a unha das citas máis complicadas da tempada.
"É un equipo cun quinteto de gran potencial, con tres estranxeiras de primeiro nivel, ademais de nacionais como Lizarazu e Iparagirre, que conta con experiencia en liga 1", sinala a adestradora arxilista.
É por iso que as pontevedresas tratarán de seguir realizando unha boa defensa, "clave" para que as vascas non poidan xogar liberadas en ataque. "Gústalles moito o xogo rápido, con moito un contra un no que senten cómodas", recoñece Méndez.
O encontro entre o Arxil e o Azkoitia Azpeitia disputarase, despois dun mes sen público, cun aforo limitado de ata 60 persoas e será retransmitido pola Canle da FEB.
Relacionadas:
-
Sara Castro lidera a vitoria do Arxil sobre o Azkoitia Azpeitia (73-67)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A base do Arxil retoma a súa actividade
Por Redacción |
-
A dificultade de viaxar a competir a Canarias en tempos de covid, segundo a experiencia do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta dun Adareva que llo puxo difícil (68-70)
Por Almu Dapena |