A base do Arxil retoma a súa actividade
Por Redacción
Despois dun longo período de inactividade debido á pandemia e tras o cambio nas restricións aprobado pola Xunta de Galicia, o Club Baloncesto Arxil recupera a actividade de gran parte dos seus equipos.
En concreto a partir deste martes 23 de febreiro regresan aos adestramento os equipos do Arxil que disputan ligas galegas, é dicir, o cadete, infantil, preinfantil e o minibasket.
Os únicos que non pararon neste tempo ao estar a xogar competición nacional son os dous conxuntos sénior e tamén o júnior.
O Pavillón Universitario será a sede da maioría destes equipos, os cadete, infanil e preinfantil, nun espazo no que se adoptaron as medidas pertinentes segundo o protocolo da Secretaría Xeral para ou Deporte e o Concello. Pola súa banda o minibasket desenvolverá a súa actividade na pista cuberta do colexio Vidal Portela, do mesmo xeito que o resto de equipos que comezarán a exercitarse dunha maneira progresiva mentres a Federación non peche os seus respectivos calendarios.
Entre as normas de prevención esixidas atópanse a limitación do número de persoas que poden estar en cada adestramento, evitar o contacto entre xogadoras e que cada unha delas utilice o seu propio balón, ademais do uso de máscaras por parte do corpo técnico e fóra da pista e da desinfección do material utilizado.
Relacionadas:
-
Esixente cita para o Arxil no CGTD fronte o Azkoitia Azpeitia
Por Redacción |
-
A dificultade de viaxar a competir a Canarias en tempos de covid, segundo a experiencia do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta dun Adareva que llo puxo difícil (68-70)
Por Almu Dapena |
-
A falta de acerto condena ao Arxil ante o último clasificado, o Maget Tías (70-64)
Por Almu Dapena |