O fútbol autonómico iniciarase a finais de marzo cun formato exprés sen descensos
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol decidiu reactivar a celebración das principais categorías autonómicas debido á modificación medidas da Consellería de Sanidade, que permiten a práctica da actividade deportiva federada de ámbito galego.
A situación cambiou respecto a xaneiro, mes no que se ía a retomar a práctica das principais categorías autonómicas. Con todo, a paralización de case catro semanas obrigou á RFGF a solicitar unha nova proposta ao órgano representativo da asemblea xeral e así cambiar o sistema de celebración das ligas.
Desta forma, as bases xerais destacan que as competicións se iniciarán a finais de marzo e disputaranse de maneira exprés, cunha duración de 10 a 16 semanas. Debido ás medidas adoptadas e en previsión de posibles suspensións, a Futgal acorda que o final de tempada podería ir máis aló do 30 de xuño.
O prazo de inscrición estará aberto desde este venres ata o vindeiro venres 26 de febreiro ás 23:59 horas. Non haberá descensos salvo que haxa tres incomparecencias ou se produza a retirada do equipo unha vez rexistrado e co calendario aprobado. Si haberá ascensos.
As categorías para as que está aberta a inscrición son a Preferente Galicia, Primeira División Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete, Liga Galega Infantil e tamén se suma a liga Galega Infantil Feminina.
En fútbol sala iniciaranse a Preferente masculina e feminina, Liga Galega Xuvenil masculina e feminina, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete masculina e feminina, Liga Galega Infantil masculina e feminina e Liga Galega Alevín masculina e feminina.
Por último, no referente ás demais categorías, a Federación Galega reunirase cos distintos comités a próxima semana para decidir unha posible activación se as condicións sanitarias o permitisen.
Relacionadas:
-
Sorteado o calendario da liga 'exprés' de Preferente
Por Redacción |
-
A liga de Preferente dará comezo o 28 de marzo
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol propón activar todas as categorías de base en formato exprés
Por Redacción |
-
A volta de público ás bancadas de estadios e pavillóns terá que esperar
Por Diego Espiño |
-
Unha semana máis de marxe para a Preferente, que atrasa o seu inicio ata o 31 de xaneiro
Por Redacción |