Triplete de medallas para a Gimnástica no autonómico de Castela e León
Por Redacción
Pleno de medallas o conseguido polos atletas da Sociedade Gimnástica no Campionato Autonómico de Castela e León, celebrado o 6 de febreiro na pista cuberta Carlos Gil Pérez de Salamanca. Tres atletas participantes e tres galardoes. Dous ouros para Gabriel de la Cruz e Roberto López; así como unha prata para Sergio Sanabria.
Gabriel de la Cruz, que vén de conseguir a mínima europea sub23, non deixou pasar o seu gran estado de forma para coroarse como o rei da velocidade castelán leonesa. Clasificouse para a final dos 60 ml quedando segundo na súa serie nunha carreira cómoda. Na final explotou o que reservara e gañou cunha marca de 6,79. Moi preto dos 6,77 da súa marca persoal e que lle dan o paso a Torun, polo que segue demostrando o bo nivel no que está.
En salto con pértega, Roberto López gañou con clara solvencia. Saltou 4,10 m á segunda, unha marca suficiente para facerse coa medalla de ouro. Logo tentouno cos 4,20 m, pero sen sorte.
Por último, Sergio Sanabria tivo que facer o seu mellor marca da tempada para conseguir a medalla de prata. O xoven atleta logrou superar o listón dos 2 metros en salto de altura, o que lle bastou para subirse ao segundo posto do pódium.
Relacionadas:
-
Dous postos de finalista, balance da Gimnástica no Campionato de España Sub-23
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Os ximnásticos Manuel Hurtado e Carlos Porto defenderán a Galicia no nacional de campo a través
Por Redacción |
-
Gabriel de la Cruz logra a mínima europea na súa estrea coa Gimnástica
Por Redacción |
-
Prata e bronce para os equipos da Gimnástica no campionato galego de probas combinadas
Por Redacción |