O Viajes Interrías vence o Vitoria CF e é máis líder (1-3), e empate sen goles no duelo de pechacancelas entre Arousana e Valladares
Por Almu Dapena
O Viajes Interrías afiánzase no liderado de Primeira Nacional tras gañar este domingo ao Victoria CF por 1-3 nun partido no que o equipo de Sanxenxo demostrou ser superior, sobre todo na segunda metade. Pola súa banda, o Atlético Arousana séguese afundindo no pozo do descenso ao sacar un punto da visita do Valladares ao campo da Lomba.
VICTORIA CF 1-3 VIAJES INTERRÍAS
Partido de alta intensidade o disputado entre Victoria CF e Viajes Interrías no campo da Grela. Ambos se xogaban o liderado e así o demostraron, realizando unha presión alta en campo contrario e procurando non cometer erros que puidesen decantar a balanza.
Así se alcanzou a primeira media hora de xogo, sen claras ocasións para ningún equipo e concentrando e xogo no medio do campo.
No minuto 34 chegou o punto de inflexión. Mery roubou o esférico á defensa coruñesa e buscou a Connie, que superou por alto á porteira local para poñer o 0-1 que tanto custara anotar. Nese momento o Victoria deu un paso adiante e comezou a xerar perigo no campo dun Interrías, que tentou aguantar o resultado como puido ata chegar ao descanso.
Tras o intermedio, o Interrías saíu máis activo, deixando atrás os malos minutos da primeira metade. Así, nada máis iniciarse o segundo acto, Lola apareceu para estrearse como goleadora ao aproveitar un erro defensivo da porteira local.
Non conformadas co 0-2, o Interrías seguiron pelexando para demostrar que querían quedar cos tres puntos que as afianzaría no liderado. Desta maneira, Ainoa fíxose co esférico e iniciou a xogada do terceiro tanto. Trenzando ao primeiro toque o balón ata chegar a Raquel, que desprazou por banda dereita ata a liña de fondo para sacar un centro que cabeceou Connie á rede (min. 68).
Aínda quedaba tempo para a reacción do Victoria, que deu un paso adiante para facer sufrir ao equipo de Sanxenxo nos instantes finais de partido. Aínda que recortou diferenzas Ceti desde o punto de penalti no minuto 77, o Viajes Interrías foi capaz de aguantar para levar a vitoria por 1-3.
ATLÉTICO AROUSANA 0-0 CD VALLADARES
Empate sen goles no duelo de pechacancelas disputado este sábado na Lomba. O Atlético Arousana, que chegaba á cita como favorito para facerse coa vitoria despois dos bos obtidos tras o cambio de adestrador, non puido facer nada para levar os tres puntos ante o Valladares.
Tentouno de todas as maneiras o equipo vilagarcían que, aínda que non mostrou o mesmo nivel e intensidade que nas últimas xornadas, si tivo as suficientes ocasións para vencer ao faroliño vermello.
A iniciativa de xogo levouna o Valladares, que iniciaba sen problemas ante un Arousana replegado na súa propio campo pero que roubaba con facilidade para buscar os espazos e xerar dano ao rival. Froito diso, chegaron un total de cinco man a man en toda a primeira metade que as locais non foron capaces de materializar.
A segunda metade seguiu o mesmo guion que a primeira, pero cun Valladares que tivo a opción de facerse cos tres puntos ao poñer en apertos ao rival cos balóns parados, punto débil para elas. Con todo, os minutos seguiron pasando e ningún equipo foi capaz de abrir a lata. Finalmente, 0-0 no marcador e un punto máis para un Arousana que segue sen saír do pozo (8, 7 puntos).
Relacionadas:
-
O Umia golea o Valladares (4-0) e o Arousana cae na súa visita o Victoria CF (4-1)
Por Almu Dapena |
-
Tres goles a balón parado dan a vitoria o Viajes Interrías fronte o Mos (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Derrotas do Viaxes Interrías, Umia e Atlético Arousana a falta de dúas xornadas para o final da liga
Por Almu Dapena |
-
Derrotas do Umia e Atlético Arousana fronte ao Victoria FC e Deportivo B
Por Almu Dapena |
-
Sufrida vitoria do Viajes Interrías fronte o Sárdoma e empates da Arousana e do Umia
Por Almu Dapena |
-
Dura derrota do Umia en casa do Sárdoma (4-2) e continúa o liderado do Viajes Interrías tras empatar co Deportivo 'B' (1-1)
Por Almu Dapena |
-
Goleada do Viaxes Interrías no derbi ante o Arousana (5-0), e sorprendente vitoria do Umia fronte o Deportivo 'B' (4-1)
Por Almu Dapena |