As lesións de Enara López, fichaxe do Farto, tras sufrir un atropelo son máis graves do esperado
Por Redacción
O pasado 13 de xaneiro, só uns días antes de que se anunciase a súa fichaxe polo Team Farto, Enara López sufría un atropelo mentres adestraba e preparábase para ser unha das puntas de lanza do equipo pontevedrés na súa estrea na categoría profesional UCI Continental.
Unha fractura de vértebra, o dorsal D9, ademais de numerosas feridas e un forte golpe era o resultado do accidente, un susto moi importante que lle ía a deixar no dique seco unas cantas semanas.
Con todo agora a situación agravouse un pouco, segundo confirmou o Farto, tras someterse a unha resonancia magnética que revelou novas lesións.
En concreto a ciclista vasca sofre dúas fracturas máis, que lle estaban ocasionando molestias, unha " trabecular con edema óseo na rexión acetabular posterior esquerda e unha fractura da rama isquiopubiana sen desprazamento", ao que se une unha lesión muscular de grao 2 e varios edemas óusevos.
Con este diagnóstico a súa recuperación estimada alongarase aproximadamente tres meses, confirma o club pontevedrés.
"Nun primeiro momento púxenme moi triste pola noticia e coñecer as dúas novas fracturas, pero xa estou máis animada. Teño a mesma ilusión e ganas de seguir adiante e recuperarme pronto para dar a miña mellor versión sobre a bici", explica a propia Enara.
Pola súa banda para o director xeral do equipo, Brais Dacal, "se fóra por ela xa estaba na bici, pero sabemos que temos que ser pacientes e deixar o tempo necesario para recuperarse ben. Cando volva, volverá moito máis forte", asegura.
Relacionadas:
-
O Farto mira cara ao inicio da Copa de España tras asinar un sétimo posto en Valencia con Agnieta Francke
Por Redacción |
-
Guillermo García Janeiro ficha polo Farto tras frustrarse o seu paso a profesionais
Por Redacción |
-
O Team Farto vístese de Galicia para a súa estrea como equipo profesional UCI Continental Feminino
Por Redacción |
-
O Team Farto perfila o equipo para o seu primeiro ano no pelotón profesional
Por Redacción |
-
O Club Ciclista Farto ficha á biscaíña Enara López
Por Redacción |