Gabriel de la Cruz logra a mínima europea na súa estrea coa Gimnástica
Por Redacción
O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Gabriel de la Cruz, logrou este sábado a mínima europea no control de marcas celebrado este sábado na pista cuberta de Salamanca.
De la Cruz, que competía por primeira vez coas cores do equipo pontevedrés, chegou á meta nun tempo de 6,77 en 60 metros lisos.
"Cuando llegué a la meta y vi el tiempo no me lo creía", explicou o atleta tras a carreira.
Con este rexistro bate a súa mellor marca persoal, faise co primeiro posto na clasificación nacional sub 23 e absoluto (coa mesma marca que Daniel Rodríguez, do Playas de Castellón), e logra a mínima europea en categoría sub 23, segundo acredita a Federación Española de Atletismo.
#Torun2021
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) January 30, 2021
Mínima Europea sub23 para Gabriel de la Cruz
6.77 ¡Clavada! https://t.co/bWxjOz7ogm
En Salamanca tamén competiu Eva Arias. A atleta da Gimnástica parou o cronómetro en 4:42.17 nos 1.500 metros lisos, tempo que lle fixo coarse no máis alto da clasificación nacional das categorías máster W35 e W40.
Por último, Diego Casas participou na III Xornada de Lanzamentos Longos disputada en Palencia, onde demostrou que segue nun bo estado de forma ao lograr un mellor intento de 54,67 metros.
Relacionadas:
-
Triplete de medallas para a Gimnástica no autonómico de Castela e León
Por Redacción |
-
Prata e bronce para os equipos da Gimnástica no campionato galego de probas combinadas
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica incorpora oito atletas para manterse un ano máis en División de Honra
Por Redacción | Creada e actualizada