O Poio Pescamar pide atrasar uns días o seu partido ante o Cidade das Burgas
Por Diego Espiño
Unha auténtica tortura está a ser para o Poio Pescamar a situación ocasionada no equipo polo gromo de Covid detectado tras disputar a Supercopa de España en Burela, o pasado 9 de xaneiro.
Desde entón o conxunto conserveiro non volveu a adestrar, e segue sen facelo ao demorarse máis do previsto as probas PCR de control ás xogadoras afectadas tras completar o período de confinamento estipulado.
Sen o resultado dalgunhas das probas, o Poio vai cancelando sesións de adestramento mentres se achega a data do partido de liga fronte ao Cidade das Burgas, fixado para o vindeiro sábado 30 de xaneiro e que, en teoría, ía supoñer o regreso das vermellas ás canchas.
Ante esta situación, desde a entidade solicitouse á Real Federación Española de Fútbol retrasar uns días o partido en Ourense, e que pase a celebrarse a mediados de semana, atopándose á espera de resposta a tal solicitude.
Desde o Poio Pescamar cren que sería a mellor opción para preservar a saúde das futbolistas, que chegarían ao partido sen adestrar en varias semanas, aínda que se teñen que xogar na data oficial farano.
A pelota está en mans agora do Comité de Competición.
Cabe lembrar que ata a data o brote de Covid no Poio Pescamar supuxo o aprazamento de dúas xornadas de liga, cos partidos ante Leganés na casa e Roldán a domicilio.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar prepárase para un maratón de partidos no seu regreso á competición
Por Diego Espiño |
-
A Selección Española volve confiar na portería do Poio Pescamar para os amigables fronte a Brasil
Por Redacción |
-
Terceiro aprazamento consecutivo para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Caridad García conclúe en cuarto lugar na votación do premio a mellor gardameta mundial
Por Redacción |
-
Retomar os adestramentos o luns 25, obxectivo do Poio Pescamar tras o gromo de Covid no equipo
Por Diego Espiño |
-
Aumentan os positivos por covid no Poio Pescamar, que cambia a cancha polos adestramentos na casa
Por Almu Dapena |
-
Tres positivos por Covid obrigan a confinar a todo o Poio Pescamar e a aprazar o seu partido contra o Leganés
Por Diego Espiño |