Álex Chan, de volta a Pontevedra tras quedar sen Mundial pola covid-19: "EEUU hubiese sorprendido a mucha gente"
Por Diego Espiño
Quedar sen xogar o Mundial de balonmán cando xa o tocaba coa punta dos dedos foi un duro golpe para a Selección de Estados Unidos e para un pontevedrés como Álex Chan que debutada no combinado norteamericano. Todo ía vento en popa ata que a Covid fixo a súa aparición cun brote de 18 contaxiados entre xogadores e corpo técnico que lles deixou sen viaxar a Exipto un día antes do inicio do campionato.
Un dos positivos foi o central do Cisne, que tivo que quedar en Dinamarca, lugar no que estaba concentrada Estados Unidos, completando a corentena á espera de superar o virus.
"Al final me vine el sábado", confesa o xogador pontevedrés, xa que "al final dando positivo lo mejor era quedarse allí a pasar la cuarentena y venir ya sin ningún tipo de duda de contagiar a alguien, dando negativo en la PCR".
Agora desde a distancia que dá o paso dun par de semanas e xa de volta aos adestramentos do seu equipo, Chan segue as evolucións do Mundial, e prefire quedar con todo o positivo que tivo para el esta experiencia. "Nos tocó la china, hay que asumirlo, pero poniendo eso al margen fue todo muy positivo, los 10 días que estuvimos allí todos concentrados", recoñece.
Foi ao sexto día de concentración cando todo se comezou a torcer, cos primeiros positivos, e xa "te das cuenta que pase lo pase te vas a perder el Mundial porque 18 positivos de 30 personas que éramos era un poco complicado ya".
Chegouse a barallar a opción de substituír aos xogadores afectados, pero "no tenía sentido con toda la cobertura que nos iban a dar en EEUU, porque la ESPN iba a retransmitir nuestros partidos, y no llevar a un equipo competitivo y sin entrenador...", explica o central.
Así se foi ao traste unha oportunidade de debutar internacionalmente no mellor escaparate posible, cun equipo como o norteamericano que, asegura, "hubiese sorprendido a mucha gente. Yo de hecho también me sorprendí al ver el nivel que había, y la intensidad con la que entrenan es de admirar".
Agora toca mirar cara adiante, e aí aínda hai oco para xogar con Estados Unidos grazas á súa dobre nacionalidade. Neste aspecto "hablé con el entrenador y me dijo que estaba contento y que contará conmigo en el futuro", revela o xogador cisneísta.
Antes con todo está na súa cabeza a segunda metade da tempada na Liga Asobal co Cisne, onde "lo único que importe es que el club logre la permanencia", asegura un Álex Chan que tenta recuperar o ton físico tras superar a Covid. "No tuve ningún síntoma salvo debilidad muscular", explica o central, polo que "tengo que empezar con cuidado después del confinamiento, coger el tono físico, que no es fácil", Iso si, "intentando llegar al partido del martes", sinala en referencia ao encontro co que se poñerá fin ao parón da liga, o martes 2 de febreiro na pista do Cuenca.
Relacionadas:
-
Álex Chan, convocado con Estados Unidos para o Mundial de Polonia e Suecia: "Non foi unha sorpresa"
Por Almu Dapena |
-
Gualter Furtado, primeiro xogador do Cisne convocado para o Mundial
Por Diego Espiño |
-
O Cisne renova a un dos seus pesos pesados, Álex Chan
Por Diego Espiño |
-
A inactividade pasa factura ao Cisne en Cuenca no regreso da Liga Asobal (36-25)
Por Diego Espiño |
-
Mes e medio despois, o Cisne volve a escena con enerxías renovadas
Por Manu Otero |
-
Álex Chan queda sen Mundial de balonmán por un brote masivo de Covid na selección de Estados Unidos
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan pasa a última criba e xogará o Mundial de balonmán con EEUU: "Para mí es un orgullo"
Por Diego Espiño |