Mereceu máis o Pontevedra B (1-1) fronte a un práctico Valladares
Por Ramiro Espiño
Coa lei do mínimo esforzo, o Valladares arrancou un inmerecido empate da Xunqueira, onde o Pontevedra B, tras unha primeira parte frouxa, foi superior na reanudación, pero faltoulle remate para levarse unha vitoria á que por xogo e oportunidades se fixo acredor.
Os vigueses adiantáronse aproveitando un balón ás costas dos improvisados centrais granates, que resolveu o seu dianteiro ÿscar con calidade e sangue frío, ao quedar só ante Adrián. Foi o primeiro e único disparo a porta entre os tres paus que fixo o equipo visitante en todo o partido.
Mentres o Valladares se pechaba buscando unha contra ou unha xogada illada para sentenciar, o Pontevedra B tiña máis o balón pero non chegaba con perigo. Non obstante na segunda parte cambiou a decoración. Os visitantes seguiron intentando defender a mínima renda e os homes de Manu Fernández empezaron a crecer, especialmente da man de Ismael, que non deixou de buscar sempre o desborde do seu opoñente.
Precisamente nunha desas accións, o centro do extremo encontrou a cabeza de Kevin, que nun bo remate parabólico logrou igualar o marcador.
A partir de aí, e máis dende a entrada de Víctor, moi incisivo pola súa banda, o Pontevedra B envorcouse en busca da vitoria. Faltoulle remate para conseguila, aínda que ocasións tivo, pisando con frecuencia a área visitante. O Valladares, entretando, seguía ao seu sen arriscar o máis mínimo, e mesmo nunha falta lateral tivo a súa única oportunidade clara, pero o remate de cabeza de Ero marcharía alto.
PONTEVEDRA B (1): Adrián; Puyi (Uru, min. 66), Collazo (Anxo, min. 85), Emilio, Juan Ignacio; Paco, Kevin Presa; Diego, Félix (Víctor, min. 62), Ismael (Bruno, min. 74); e Kevin.
C.D. VALLADARES (1): Fran; Joel, Toni, Nacho (David, min. 83), Cristian; Cacho (Suso, min. 64), Bruno Canella; Tomás (Víctor, min. 56), Calado (Ero, min. 72), Bruno; e ÿscar.
Árbitro: Soto Pérez (Santiago), auxiliado nas bandas por Fernández Froiz e Santomé Soto. Amoestou a Puyi, Kevin Presa, Paco, Cristian, Toni, Joel, ÿscar, Cacho e Suso, ademais de ao delegado do Valladares, Juan Carlos Piñeiro.
Goles: (0-1) Minuto 28: ÿscar. (1-1) Minuto 54: Kevin.
Incidencias: Sintético da Xunqueira (Pontevedra). Uns 150 afeccionados.
Os xuvenís perden en Vigo (1-0) fronte ao Areosa
DERROTA DOS XUVENÍS
Á mesma hora que o filial, o equipo xuvenil de División de Honra do Pontevedra xogaba en Vigo fronte ao Areosa, nun partido que se resolveu a favor do equipo local grazas a un solitario gol de Raúl no minuto 30 de partido.
Os granates non estiveron acertados e apenas dispuxeron de ocasións para conseguir polo menos a igualada, deixando escapar unha boa oportunidade de obter a vitoria nun desprazamento e fronte a un rival que se consideraba a priori como alcanzable.