O Xuven estréase con vitoria ante o Dragon Force Porto (80-70) no Trofeo do Albariño
Por Redacción
Boas sensacións na estrea ante o seu público do renovado Conservas de Cambados nunha xornada con varios actos dos amarelos a xeito de presentación oficial.
No estritamente deportivo o Xuven derrotou o Dragon Force de Oporto (80-70) no Pombal nun encontro moi traballado e igualado que levaba o selo de Trofeo do Albariño.
Os amarelos situáronse dende o inicio por enriba no tanteador, pero a pesar do parcial inicial ao seu favor o conxunto portugués, adestrado polo ex-selecionador nacional Moncho López, non perdeu a cara ao choque manténdose sempre a unha curta distancia.
A pesar diso os visitantes non foron capaces de augar a festa a uns afeccionados que puideron observar ás novas incorporacións do Conservas de Cambados.
CONSERVAS DE CAMBADOS (80): Orellano (15), Alberto Rodríguez (10), Wildner (4), José Luis Merino (13), Emilio Oubiña (2) -quinteto inicial- Ander García (13), Diatta Diop (4), Vaquero (5), Juan Mato, Norman Rey (9), Javier Patiño (5).
DRAGON FORCE (70): Ribeiro (10), José Miranda, Miguel Queiroz (1), Gallina (5), Bastos (12) -quinteto inicial- Daniel Ramos (2), Sotta (1), Bonito (5), Pedro Figueiredo (2), Grosso (5), Rothes (17), Eduardo Guimaraes (10).
Incidencias: Partido correspondente o Trofeo do Albariño disputado no Pavillón do Pombal, Cambados.