A continuidade da Segunda B e Terceira, a debate nunha reunión da RFEF coas territoriais
Por Diego Espiño
O futuro das competicións non profesionais de ámbito estatal, como son no fútbol a Segunda División B e a Terceira División, está no aire ante a mala evolución da pandemia.
Así o recoñeceu este xoves nunha rolda de prensa telemática o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, aínda que "a competición de ámbito nacional debería transcorrer con normalidade, é a miña opinión, porque hai unhas garantías que non se dan noutros deportes. Estamos facendo un test á semana", defendeu o máximo dirixente do balompé autonómico.
Louzán avanzou que a continuidade destas dúas categorías (as de ámbito autonómico están suspendidas ata nova orde en Galicia ante as novas restricións da Xunta), estará sobre a mesa nunha reunión que se celebrará ás 16.15 horas do venres entre a Real Federación Española de Fútbol e as territoriais: "Estamos convocados polo presidente dá RFEF para analizar entre outras esta situación", confirmou e mandatario galego.
A pesar de todo, a decisión final neste caso será tanto da Federación Española como do Consello Superior de Deportes.
En canto á Segunda División B, Rafael Louzán tamén revelou que desde Galicia trabállase para ser sede da fase final, a definitiva polo ascenso á Segunda División. "Estamos traballando coa RFEF para elo", limitouse a dicir.
COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol tamén falou por extenso das competicións de ámbito rexional, e que como a categoría de Preferente estaban xa próximas a comezar.
Neste sentido Louzán sinalou que "toca esperar e ver a evolución nas próximas dúas-catro semanas" antes de tomar unha decisión definitiva sobre se se terminan activando ou se cancela definitivamente a tempada. " Non imos a sair a competir se non hai o consenso necesario", tranquilizou o dirixente defendendo a "prudencia que nos levou a non iniciar ninguna competición de ámbito autonómico" ata a data, algo que só comparten Navarra e Aragón en todo o estado.
O importante, finalizou, é que "o único partido que temos que gañar é contra a Covid".
Relacionadas:
-
Sanidade suspende o deporte federado de ámbito autonómico
Por Oskar Viéitez |
-
Unha semana máis de marxe para a Preferente, que atrasa o seu inicio ata o 31 de xaneiro
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol comunica a súa intención de cancelar a tempada desde a Primeira Galicia cara abaixo
Por Redacción |
-
A Preferente iniciarase co 90% de inscritos: Céltiga, Sanxenxo e Portonovo renuncian e o Villalonga xogará
Por Almu Dapena |
-
Rafael Louzán, novo presidente da Comisión de Terceira División da Federación Española de Fútbol
Por Redacción |