Down Pontevedra e Teucro únense para promover a inclusión social
Por Redacción
A Asociación Down Pontevedra "Xuntos" e a Sociedad Deportiva Teucro asinaron un convenio de colaboración para a presente tempada co obxectivo de promover a inclusión social de persoas con Síndrome de Down ou outro tipo de discapacidade intelectual.
O acordo propiciará que usuarios en idade adulta da asociación participen nos labores organizativos e de apoio dentro do funcionamento diario do club azul.
Así, por exemplo, serán designados delegados de campo nos partidos dos equipos da base e auxiliares de campo e da billeteira nos encontros do primeiro equipo.
Aínda que o convenio se asinou con vixencia para unha tempada, a intención de ambas as dúas partes é poder estendelo durante os próximos anos.