O Umia vence o Atlético Arousana no derbi na Bouza (5-1) e o Interrías golea o Valladares (6-0)
Por Almu Dapena
A primeira volta da Primeira Nacional Feminina Grupo 1A pechouse esta fin de semana con goleada dos equipos da comarca. O Viaxes Interrías venceu por 6-0 ao pechacancelas, o Valladares, e o derbi entre Umia e Atlético Arousana saldouse con vitoria das de Barrantes por 5-1.
Umia CF 5-1 Atlético Arousana
Segue sen coñecer a vitoria o Atlético Arousana que visitou este domingo o campo da Bouza para disputar o derbi ante o Umia.
Foron superiores as de Barrantes, que viñan motivadas tras gañar ao Valladares e sumar o seu primeiros 3 puntos da tempada e que esperaban a cita fronte ás de amarelo como do que se trataba, un duelo directo e de gran rivalidade.
Abriu a lata Eva cando se alcanzaba o ecuador da primeira metade despois dun inicio cheo de intensidade por parte de ambos os conxuntos. Esta vez o Umia non baixou os brazos tras o gol e veu arriba como adoita facer nos partidos deste tipo.
Tiñan o factor campo ao seu favor e, co equipo con ganas de facerse con outros tres puntos, seguiu apertando a un Arousana que empezou a buscar o empate. Foi así como, cando se alcanzaban os últimos 5 minutos do primeiro acto, o Umia terminou de rematar ao seu rival. Ainhoa Varela fixo o 2-0, Lida o 3-0 e Cris Santoro o 4-0 a poucos segundos de que se chegase ao descanso.
Tras o paso polos vestiarios o Arousana tentou dar coa tecla para atopar o gol, pero as de Barrantes, ben pechadas atrás, só tiveron que aguantar o resultado dun partido que xa deixaran sentenciado.
Foron pasando os minutos e as de Vilagarcía non eran capaces de recortar diferenzas. Pola súa banda, Nati encargábase de anotar o quinto gol para o Umia a falta de 10 minutos para o asubío final. O gol da honra para o Arousana marcouno Miri no minuto 86.
Viaxes Interrías 6-0 Valladares
Parecía que o partido ía estar de fronte desde ben cedo para as de Sanxenxo, pero aos 16 segundos de que o colexiado pitase o inicio levaron un pequeno susto. A porteira local cedeu o esférico a unha xogadora rival e esta, sen dubidalo, sacou un disparo que deu na cruceta da portería do Interrías e saíu rexeitado.
Seguiron pasando os minutos con dominio do esférico para o locais pero o gol seguía sen chegar. As continuas chegadas á área do Valladares atopábanse unha e outra vez coa porteira, convertida nun pesadelo para as de Luís Treviño. Alcanzábanse os primeiros 10 minutos de encontro e foi aí cando Connie viu a Judit, que atopou o espazo suficiente para introducir o balón nas mallas da portería e poñer o 1-0.
Unha vez aberta a lata, o 2-0 non tardou en chegar. De novo Judit e Connie eran protagonistas pero esta vez para cambiarse a función. Tras un bo roubo de balón no medio do campo por parte de Tania Esperón, esta cedeu á a banda esquerda onde se atopaba Judit, que centrou ao segundo pau para Connie que puxo o segundo para a conta das locais cando se alcanzaba o minuto 30.
O desgaste físico comezou a facer dano ás de Vigo, que non foron capaces de aguantar o empuxe final do Interrías. Foi así como nos últimos 3 minutos chegaron o terceiro e cuarto gol do encontro. Outra vez, Connie pasou a Judit, que entrou soa ao momento de penalti e só tivo que empuxar o balón para poñer o 3-0 e, xa cando o colexiado estaba a piques de pitar o final da primeira metade, Raquel plantouse diante da porteira tras un pase da californiana entre as defensas e anotou o 4-0 e deixou sentenciado o encontro.
Tras o paso polos vestiarios o conto foi o mesmo. O Interrías dominaba tecnicamente pero cada tiro a porta atopábase co corpo da gardameta.
Chegaron os cambios pero seguían sen chegar os goles ata que se alcanzaron os últimos 10 minutos. Lucía Camisón enganchou o balón fose da área e púxoo onde a porteira non puido chegar e, finalmente, Pawich aproveitou o centro de Connie ao área pequena para, ao primeiro toque, anotar o 6-0 co que se alcanzou o asubío final.
Relacionadas:
-
Dura derrota do Umia en casa do Sárdoma (4-2) e continúa o liderado do Viajes Interrías tras empatar co Deportivo 'B' (1-1)
Por Almu Dapena |
-
O Atlético Arousana suma os seus primeiros tres puntos esta tempada ante un Victoria FC minguado polas baixas (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Goleada do Viaxes Interrías no derbi ante o Arousana (5-0), e sorprendente vitoria do Umia fronte o Deportivo 'B' (4-1)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías vence ao Vitoria FC pola mínima (1-0), o Arousana cae goleado ante o Sárdoma (5-1) e o Umia perde na casa co Mos (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O balón parado condena o Arousana en Valladares (2-2) e o Interrías cede o liderado tras caer fronte o Vitoria CF (1-2)
Por Almu Dapena |