A Selección Galega de ciclocrós cólgase dez medallas no Campionato de España de Torrelavega
Por Redacción
Torrelavega converteuse esta fin de semana en escenario para a celebración do campionato de España de ciclocrós. Preto de 900 corredores déronse cita na localidade cántabra para disputa da competición nacional.
Entre os participantes estaba Irene Trabazo, vixente campioa galega que defendía as cores do seu club, o XSM Santomé de Piñeiro. A marinense competiu en solitario, sen representar á selección autonómica non puido finalizar a carreira.
O Campionato de España comezou con total normalidade este venres con éxito dos corredores galegos, colgándose tres ouros, dúas pratas e un bronce.
O bloque cadete feminino da Selección, que aspiraba a revalidar o título conseguido en 2020 en Pontevedra, acariñou o seu obxectivo en parte da carreira. Finalmente, a catalá Marta Cano foi primeira; a de Caimanes de Betanzos, María Filgueiras, foi segunda; e Uxía Soto (Avanza-O Porriño) foi terceira. A lista de galegas completárona María Estévez (8º), Claudia Pérez (15º) e Vania Gregores (17º).
Outros dous podios logrounos o combinado autonómico en máster-30. Montserrat Martínez (Ciclismo Oiense) fíxose co ouro e Eva Ortega (Biciosos- Rias Baixas) coa prata. O bronce foi para Tamara Álvarez (AsBike).
O terceiro ouro da primeira xornada foi para Isabel Castro (Condado Bike), que venceu de maneira contundente aos seus rivais. Cunha diferenza de case seis minutos e medio chegou Teresa Infante ( Mitto), seguida de María del Mar Fernández (Enbici). Ás portas do podio quedou Sonia Costoya.
Na carreira júnior masculina, o vixente campión de Galicia, Miguel Rodríguez, impúxose cunha diferenza de 14 segundos ao cántabro, Alain Suárez; o podio completouno Rubén Sánchez (Madrid). O papel galego completárono Anxo Carril (7º), Fabián Rodríguez (10º), Zoe do Río (13º), Martín González (14º) e Ricardo Buba (17º).
Os cadetes masculinos galegos non tiveron un balance igual de positivo que os seus compañeiros ao non poder entrar na loita polas medallas. O mellor clasificado foi Héctor García do Poio Bike (12º), por diante de Danny Buba (16º), Xano Gil (17º), Tomás Pombo (18º), Martín Sestelo (22º), e André Martínez (31º).
Na penúltima xornada celebrada o sábado, o ciclocrós galego sumou dúas medallas máis. Miguel Porto, representando ao Club Ciclista Ponteareas, finalizou terceiro nos máster-30A. José Rodríguez 'Tami' ocupou a mesma posición nos máster-40A representando as cores da Selección Galega.
Na xornada de clausura, a marinense Irene Trabazo compartiu liña de saída coa galega elite sub23 Carla Fernández do Farto que acabou no posto 16. Pola súa banda, a galega júnior Laura Mira de Avanza-O Porriño fíxose coa medalla de prata, Sofía Álvarez do Cambre acabou 12 e Sonia Domínguez do XSM de 24.
En sub23 masculina o ourensán Iván Feijoo fíxose coa medalla de ouro. Anxo Maneiro 12, do Vigo-Rías Baixas foi 12; David Fernández do Avanza-O Porriño acabou no posto 16 e Borja Gómez, de Ponteareas, chegou de 27.
Por último, en elite masculina Daniel López, do Cambre, foi undécimo e Saúl López, do Maceda, foi décimo quinto.
Falece o seleccionador Guillermo Sande durante a concentración en Torrelavega
Segundo informou a Federación Galega de Ciclismo, o seleccionador autonómico, Guillermo Sande, faleceu este domingo tras sufrir un infarto durante a concentración do combinado en Torrelavega. Sande levaba preto de 25 anos formando parte do equipo da FGC.
Relacionadas:
-
O marinense Zoe del Río consegue o bronce no Campionato de España de Enduro
Por Redacción |
-
O Club Ciclista Farto ficha á biscaíña Enara López
Por Redacción |
-
A campioa galega de ciclocrós, Irene Trabazo, busca estender o seu dominio ao Campionato de España
Por Manu Otero |
-
Irene Trabazo pecha a tempada exprés de ciclocrós en Galicia cun pleno de vitorias
Por Redacción |
-
Irene Trabazo pecha a Copa Galicia de Ciclocrós con pleno de triunfos
Por Redacción |