Tres positivos por covid-19 no Arenteiro obrigan a suspender o partido contra o Arosa
Por Redacción
Tres casos positivos por covid-19 no plantel do Arenteiro obrigaron a suspender o partido previsto para esta fin de semana no campo de Barbantes entre o cadro ourensán e o Arosa. O duelo, no que se ía a decidir o liderado do subgrupo sur da Terceira División, terá que pospoñerse polo menos ata que se certifique que non hai máis xogadores afectados, aínda que a Real Federación Galega de Fútbol aínda non fixo oficial o aprazamento
A través das súas redes sociais, o Arenteiro informou que se activou o protocolo establecido, suspenderon os adestramentos de forma preventiva e notificaron tanto ao Sergas, como ao Concello do Carballiño e á Real Federación Española de Fútbol.
Por seguridade, o club solicitou non só a suspensión do encontro co Arousa, tamén a xornada posterior.