O Club Natación Ponteareas, vencedor do Campionato Galego Absoluto de Inverno en Pontemuíños
Por Redacción
A piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños, en Pontevedra, puxo fin despois de tres días de actividade e competición ao Campionato Galego Absoluto de Inverno de Natación.
A cita, que estreaba o calendario de eventos deportivos de 2021 na cidade, congregou a 253 nadadores de 22 clubs da comunidade.
Tras as tres xornadas, celebradas entre o 3 e o 5 de xaneiro, o gran vencedor polo Club Natación Ponteareas, ao ser o mellor equipo na suma das categorías feminina e masculina. Sumou un total de 784 puntos, seguido do Club del Mar con 735 e o Real Club Náutico de Vigo con 714.
En canto ao club anfitrión, o Natación Galaico, conseguiu subir ao podio na categoría masculina, ao ser terceiro con 393 puntos superado por Club del Mar (397) e CN Arzúa (416), segundo e primeiro respectivamente.
Na categoría feminina, co Galaico en quinto lugar, impúxose o RCN Vigo (488 puntos) co Ponteareas (474) en segundo lugar e o CN Arteixo (438) na terceira.
A nivel individual o Trofeo Paula Carballido á mellor puntuación na táboa FINA foi gañado por Miguel Martínez (RCN Vigo) na categoría masculina e por Paula Otero ( CN Arteixo) na feminina. Ademais Jacobo Garrido conseguiu a mellor puntuación na táboa IPC (natación adaptada).
Relacionadas:
-
Dobre representación do Galaico no Campionato de España de Natación de Longa Distancia
Por Redacción |
-
O equipo feminino do CN Galaico mostra un bo nivel na primeira xornada do Campionato Galego Absoluto de Inverno
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno estrea o calendario de eventos deportivos de 2021
Por Redacción |