A Federación Galega de Fútbol comunica a súa intención de cancelar a tempada desde a Primeira Galicia cara abaixo
Por Redacción
Sen fútbol na Primeira, Segunda e Terceira categoría autonómica. É a decisión que tomou a Real Federación Galega de Fútbol tras comprobar o número de inscricións formalizadas para estas categorías.
Así llo comunicou aos clubs o organismo reitor do balompé galego nunha reunión telemática celebrada este luns.
Desta forma Preferente, onde se formalizaron o 90% das inscricións renunciando equipos como o Céltiga, Portonovo ou Sanxenxo, será a única categoría de ámbito autonómico que si se activará, aínda que a súa data de inicio (24 de xaneiro) aínda está suxeita a posibles cambios.
Con esta decisión é previsible que non se produzan descensos desde Preferente, ao non haber ascensos desde a Primeira Galicia, o que podería arranxar o conflito aberto cos clubs que se negan a competir esta tempada alegando a falta de recursos ou a inseguridade que iso supón. Iso si, faltaría por saber como se solucionarían os posibles arrastres de categorías superiores.
Cabe lembrar que no grupo pontevedrés da Primeira Rexional, o Subgrupo 5A, a maioría de clubs participantes (USD O Grove, Unión Dena CF, Moraña CF, Marcón Atlético, Atlético Cuntis, Campolameiro CD, A Lama SD e SD Amanecer) emitiron un comunicado mostrando a súa negativa ao comezo da competición.
Relacionadas:
-
A continuidade da Segunda B e Terceira, a debate nunha reunión da RFEF coas territoriais
Por Diego Espiño |
-
Unha semana máis de marxe para a Preferente, que atrasa o seu inicio ata o 31 de xaneiro
Por Redacción |
-
A Preferente iniciarase co 90% de inscritos: Céltiga, Sanxenxo e Portonovo renuncian e o Villalonga xogará
Por Almu Dapena |
-
A Preferente, ao 70%: Quince equipos confirman a súa inscrición na liga
Por Redacción |
-
Terremoto no fútbol pontevedrés: Marcón e Vilalonga secundan o Céltiga e anuncian a súa renuncia á tempada 20-21
Por Diego Espiño |