Os erros puntuais no último cuarto condenan o Arxil ante o Ferrol (81-60)
Por Almu Dapena
Rival complicado ao que se enfrontaba o Club Baloncesto Arxil despois das vacacións de Nadal. Nin máis nin menos que ás líderes invictas da categoría, o Baxi Ferrol. As de Pontevedra saltaron á cancha coa intención de dar a sorpresa e así o fixeron ata que se chegou ao último cuarto, momento no que as locais tomaron as rendas de xogo e acabaron vencendo por 81-60.
Saíu moi concentrado o Arxil á cancha sen deixar que o Ferrol tomase a iniciativa, sabendo que unha vez que pisasen o acelerador sería complicado recompoñerse. Foi así como, competindo de ti a ti, o Arxil fíxose co control no marcador cando se alcanzou o final dos primeiros 10 minutos disputados (15-17).
Seguía sorprendendo a formulación das de Mayte Méndez no encontro que, moi ben plantadas na cancha da Malata, impedían que as ferrolás se atopasen cómodas co seu xogo. Desta forma e cunha moi boa fortaleza defensiva, o Arxil continuou sen perder de vista ao seu rival ata alcanzado o último minuto antes de chegar ao descanso, momento no que o Ferrol logrou irse en 5 puntos (37-32).
Tras o intermedio chegaron os erros en ataque do Arxil, penalizado por un Ferrol que comezaba a ser máis eficaz para canastra para anotar a maior vantaxe ata o momento e demostrar o seu liderado na categoría. Aínda que as de Pontevedra tentaron aguantar o ballón, a fortuna en ataque non estaba do seu parte. O aro cuspía cada lanzamento arxilista e terminaron cedendo a maior vantaxe e no peor momento (55-39).
Quedaban 10 minutos de partido e as de Mayte Méndez non podían co ritmo dunhas locais que interceptaban os pases para transformalos en contragolpes individuais e irse en 20 puntos. Xa estaba todo decidido no pavillón da Malata pero lonxe de renderse e lideradas por María Lago, o Arxil logrou maquillar o resultado.
Finalmente, 81-60 e nova derrota das de Mayte Méndez que non logran saír dos postos baixos.
Consulta as estatísticas do Baxi Ferrol-CB Arxil
Relacionadas:
-
O Arxil remonta ante o Celta e termina rozando a vitoria (73-70)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil pon data aos seus partidos aprazados, con dúas xornadas en 24 horas
Por Redacción |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria ante a súa afección á conta do Maristas Coruña (72-61)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil comeza o ano visitando o líder invicto, o Baxi Ferrol
Por Redacción |
-
Unha arxilista, no 'all star' da Primeira Nacional de baloncesto
Por Redacción |
-
Inxusta derrota do Arxil que ofreceu a súa mellor imaxe ata o momento ante o Ardoi de Navarra (75-72)
Por Almu Dapena |
-
Vitoria de ouro para un Arxil que foi superior ao Avilés tras o terceiro acto (69-55)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |