A Preferente iniciarase co 90% de inscritos: Céltiga, Sanxenxo e Portonovo renuncian e o Villalonga xogará
Por Almu Dapena
Unha vez rematado o prazo fixado pola Real Federación Galega de Fútbol para a inscripción de equipos nas categorías de Preferente, Primeira Galega Feminina, Liga Galega Xuvenil, División Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil, o balance de inscrición mostra uns altísimos porcentaxes.
O que en Preferente era dun 70% a falta de seis días de que rematara o prazo, a Futgal informou de que finalmente será de 90%. Un total de 41 dos 46 que partían na categorían inscribíronse para disputar esta nova e atípica tempada 2020/2021.
Sorprende que o Villalonga, que rechazara a opción de xogar, sinalando que "non podemos ser partícipes da irresponsabilidade que supoñería renovar as competicións co protocolo proposto pola RFGF de nula viabilidade para calquera equipo modesto como o noso", finalmente decidira iniciar a competición, mentres que Céltiga, Sanxenxo, Portonovo, Moaña e Guardés optaron por non inscribirse. Desta forma, son 18 os equipos que formalizaron a inscrición no Grupo Sur e outros 23 no Grupo Norte.
En Primeira Galega Feminina disputarán a competición 18 dos 19 equipos, o Tordoia é o único que non xogará.
No referente ó fútbol base, os datos falan por sí sós. Dos 149 equipos pertencentes ás categorías Liga Galega Xuvenil, División Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil, foron 147 os que formalizaron a súa inscrición, un dato do 99%. Únicamente dous equipos optaron por non anotarse, o Marcón en Galega Xuvenil e o Guardés en Galega Cadete.
Rafael Louzán, presidente da RFGF sinala que os datos reflexan claramente "as ganas que hai de que volva o noso fútbol", pero engade que "debemos facelo con prudencia e tendo moi claro que debemos cumplir cos protocolos aprobados polas autoridades sanitarias".
Ao contrario, USD O Grove, Unión Dena CF, Moraña CF, Marcón Atlético, Atlético Cuntis, Campolameiro CD, A Lama SD e SD Amanecer, equipos pertencentes ao Subgrupo 5A da Primeira Galicia, emitiron un comunicado no que mostran a súa negativa ó inicio da competición establecendo que en ningún momento a RFGF se puxo en contacto cos eles para solicitar a súa opinión de cara ao inicio da tempada.
Así mesmo, consideran que "co continuo aumento de contaxios e hospitalizacións non debemos expornos a un incremento", e non entenden "a que ven tanta presa en arrancar unha competición que no mellor dos casos duraría catro meses e medio e que, como se prevé, será interrumpida por un repunte nos contaxios".
Tamén expoñen que na maioría dos Concellos aos que pertenecen os clubes están pechadas as instalacións municipais e sin data de nova apertura, e obrigan aos clubes a cumplir uns protocolos que consideran "non factibles" ademáis da realización dos tests que "non son moi eficaces e feitos nun intervalo de 14 días todavía menos".
Por último, engaden a "dificultade económica" na que se encontrarían os clubes no caso de arrancar a competición polo que apelan ao "sentido común e que se faga un plantexamento da competición consultando aos clubs".
Escrito remitido polos 8 equipos do Subgrupo 5ºA amosando o noso posicionamento contrario ao inicio da competición en Primeira Galicia prevista para finais do mes de xaneiro - principios do mes de Febreiro. pic.twitter.com/tIoKsi1Y0w
— A LAMA S.D. (@ALAMASD1979) January 1, 2021
Relacionadas:
-
A continuidade da Segunda B e Terceira, a debate nunha reunión da RFEF coas territoriais
Por Diego Espiño |
-
Unha semana máis de marxe para a Preferente, que atrasa o seu inicio ata o 31 de xaneiro
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol comunica a súa intención de cancelar a tempada desde a Primeira Galicia cara abaixo
Por Redacción |
-
A Preferente, ao 70%: Quince equipos confirman a súa inscrición na liga
Por Redacción |
-
Terremoto no fútbol pontevedrés: Marcón e Vilalonga secundan o Céltiga e anuncian a súa renuncia á tempada 20-21
Por Diego Espiño |
-
O Céltiga renuncia a competir esta tempada "dada a angustiosa situación sanitaria"
Por Diego Espiño |
-
O fútbol autonómico e de base pon data para o seu regreso: finais do mes de xaneiro
Por Redacción |