O Club Natación Galaico Pontevedra gaña o Campionato Galego de longa distancia
Por Redacción
O Club Natación Galaico Pontevedra obtivo a vitoria no Campionato Galego de longa distancia celebrado na piscina da Fundación Rías do Sur, en Pontemuíños. Os resultados conseguidos nas probas individuais, nas que os nadadores do club pontevedrés colgáronse un total de oito medallas, deron a vitoria absoluta ao Galaico, que se confirma así como club dominador da natación galega nesta modalidade de longa distancia
Bea Gómez Cortés alzouse coa medalla de ouro na categoría absoluta feminina, triunfo que tamén logrou Itziar Aranguren en categoría infantil. A estes dous primeiros postos hai que unir a prata conseguida por Cristian Fernández na categoría absoluta masculina, únicamente superado por dous segundos polo catalán, recentemente fichado polo Pabellón de Ourense, Marc Ciurana.
Os tres nadadores do Galaico (Bea, Itziar e Cristian Fernández) chegaron a esta cita con problemas físicos, malia o cal tiveron unha gran actuación, logrando igualar ou mellorar as súas marcas persoais.
O resto de medallas para os pontevedreses foron bronces conseguidos por Iria García (absoluto feminino), Yago Lorenzo (absoluto masculino), Carla Romeu (junior feminino), Paula Goyanes (infantil feminino) e ÿscar Guimerans (infantil masculino).