Prata e bronce para os equipos da Gimnástica no campionato galego de probas combinadas
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra pechou o ano atlético coa prata e o bronce que obtiveron o seus equipos masculino e feminino no campionato galego de probas combinadas que se celebrou esta fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Carla Rivas (2.204 puntos), Andrea Villaverde (2.168 puntos) e Raquel de la Torre (2.160 puntos) foron as tres atletas que lograron situar ao club pontevedrés nesta terceira praza, ao sumar un total 6.532 puntos.
Pola súa banda, o equipo masculino estivo formado por Óscar Monteagudo, Luís Mariño, Matías Moldes e Nicolás Quiñones. En total conseguiron 9.211 puntos, o que lles permitiu conseguir a medalla de prata.
Matías Moldes, cun total de 3099 puntos, foi o vencedor do hexatlón masculino en categoría sub16.
Ademais das combinadas, o CGTD de Pontevedra tamén acolleu o campionato galego de fondo e medio fondo en categorías sub10, sub12 e sub14.
Nel, competiron diferentes atletas das categorías menores do club.
Na proba de 500 metros participaron Paio Estévez, Paco Lamas, Paula Lago e Emma Daporta e na carreira de 1.000 metros lisos fixérono Anxo Jamardo, Mauro Alexandre e Noelia Quiñones.
Neste campionato galego tamén competiu con éxito o Club Deportivo Pinarium de Marín, que obtivo dúas medallas de ouro. Foron as de Martín Otero e Pablo Barreiro nas carreiras de 500 metros e 1.000 metros respectivamente, en categoría sub10.
Desde o club destacan ademais as boas actuacións de Breixo García, Álvaro González, Marta Rosales, Lois León, Pedro Ojea, Pablo Rosales e Lorena Patiño, que melloraron as súas marcas persoais ou estiveron moi preto delas.
Relacionadas:
-
Triplete de medallas para a Gimnástica no autonómico de Castela e León
Por Redacción |
-
Gabriel de la Cruz logra a mínima europea na súa estrea coa Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica alerta dun erro de impresión na súa lotería do Neno
Por Redacción |
-
Gimnástica e Pinarium, protagonistas no Campionato Galego de Atletismo Sub-10-12-14
Por Redacción |