Renovación profunda no Supermercados Froiz
Por Redacción
A tempada número 33 do Grupo Deportivo Supermercados Froiz no pelotón nacional elite e sub-23 traerá consigo moitos cambios.
O conxunto alimenticio atópase en plena planificación do próximo curso, e no seu plantel só terán cabida catro corredores que defendían a súa camisola este 2020.
Estas catro renovacións son as de Iván Martínez, Jorge Suárez, Ramón Fernández e o arxentino Nicolás Antorena.
"Son corredores con ganas de seguir dándoo todo neste deporte e con proxección sobre todo por parte de Ramón, Jorge e Nicolás", explica o equipo pontevedrés. Pola súa banda do veterano Iván Martínez o Froiz espera que "ensine aos mais mozos a moverse dentro do pelotón".
A estes nomes hai que sumarlles o do santiagués Miguel Ángel Mera, procedente do MMR Academy de categoría júnior.
Desta forma do plantel da escuadra alimenticia caen homes importantes como o pontevedrés Guillermo García Janeiro, Adrián Barros ou o actual campión de España, Samuel Blanco, que xa confirmara o seu paso ao profesionalismo en Portugal.
Relacionadas:
-
Salto de calidade do Froiz estreando nova sede: "Non somos un equipo profesional na licenza, pero no traballo si"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Probas biomecánicas nun Froiz que acelera cara ao inicio da tempada
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz ficha a sete novos corredores para a nova tempada
Por Redacción |
-
Miguel Ángel Mera estréase co Froiz acudindo a unha concentración nacional en Alacante
Por Redacción |
-
O Froiz suma o seu primeiro triunfo sen empezar a tempada
Por Redacción |
-
O Froiz despídese do seu campión de España, Samuel Blanco
Por Redacción |