Rufo relativiza a derrota ante o Coruxo: "Es mejor tener un día malo que muchos"
Por Diego Espiño
Desde que aterrou na cidade do Lérez hai xa case un ano Rufino Familiar Sánchez, 'Rufo', converteuse nun dos referentes do Pontevedra Club de Fútbol, algo que logrou polo seu rendemento e goles sobre o terreo de xogo e pola súa importancia nos plans do técnico.
"Desde que llegué aquí desde el primer día me siento como en casa, en lo futbolístico y en lo personal. Tanto a mi familia como a mí nos encanta Pontevedra y estamos súper a gusto", recoñece o ariete. Ademais "la afición también me ha dado mucho cariño desde el primer día", sinalou tras recibir este martes o recoñecemento a mellor xogador do equipo durante o último mes.
Trátase dun premio individual pero que non sería posible sen "el trabajo que está haciendo el equipo al completo, que está siendo bueno", defende.
Para o madrileño a derrota o pasado domingo fronte ao Coruxo "ha sido un batacazo", pero o relativiza asegurando que "es mejor tener un día malo que muchos y sé que el equipo tiene la capacidad y la plantilla para darle la vuelta a esto".
Rufo queda co positivo do que vai de liga, porque "el objetivo de club es meternos entre los tres primeros y a día de hoy estamos en esas posiciones, así que por ese lado estamos contentos". Iso si, "hay cosas que mejorar", recoñece, polo que "vamos a seguir traballando".
Coa liga xa de vacacións ata o mes de xaneiro, aparece para o Pontevedra un último compromiso oficial, a primeira rolda da Copa do Rei recibindo o xoves (20.00 horas) o Cartagena da Segunda División. "Es un trofeo muy bonito, bonito de jugar, y transmite ilusión. Intentaremos dar lo máximo, llegar hasta dónde podamos y dar las mayores alegrías a la afición", sinala o dianteiro granate, que bota de menos unha maior presenza de seguidores no estadio xa que "se nota un montón en un campo como Pasarón con la grada tan cerca" e é algo que "da alas al equipo".
Relacionadas:
-
O Pontevedra retoma a liga reforzado no mental, no deportivo e sen resaca pola Copa
Por Manu Otero |
-
Un enorme Pontevedra elimina o Cartagena da Copa do Rei (2-1)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Charles e dez máis para ilusionarse coa Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Unha lesión no abdutor deixa sen Copa do Rei a Adrián Cruz
Por Diego Espiño |
-
A igualdade da categoría e os resultados dos rivais dan un respiro ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos sobre a derrota do Pontevedra ante o Coruxo por 3-0: "los errores puntuales nos han matado"
Por Almu Dapena |
-
A "lei do ex" castiga con dureza a un Pontevedra irrecoñecible en Coruxo (3-0)
Por Ramiro Espiño |