Jesús Ramos sobre a derrota do Pontevedra ante o Coruxo por 3-0: "los errores puntuales nos han matado"
Por Almu Dapena
Jesús Ramos, técnico do Pontevedra CF, compareceu ante a prensa tras a derrota dos granates ante o Coruxo de O Vao.
O Pontevedra chegaba imbatible á cita ligueira e viuse cun gol en contra no primeiro minuto de xogo. Aínda que o equipo ía coa idea de competir e de gañar os tres puntos, ese gol, e o segundo cando mellor estaban a xogar, condenáronos á derrota. "A veces en el fútbol hay errores puntuales. Hubo dos situaciones de despeje, despejamos mal y nos han matado", explica o técnico.
A falta de ideas durante a primeira metade foi algo en grao sumo criticado, pero Ramos non cre o mesmo: "hemos intentado jugar por fuera y en bastantes ocasiones fuimos capaces pero fallando por errores puntuales, tampoco hay que ser alarmista".
O técnico quita ferro á derrota e chama a ser reflexivos para non cometer os mesmos erros en futuros encontros: "las derrotas son parte del fútbol", comenta, agora temos que "observar el partido otra vez e intentar que no se vuelvan a cometer esos errores".
Pola súa banda, Míchel Alonso, técnico do Coruxo, destacou a entrada ao partido dos seus en canto a intensidade: "ya era hora que tuviéramos un inicio así", explica á vez que resalta a capacidade do equipo de "minimizar al Pontevedra e imponernos. Sabíamos que era importante que no tuvieran campo para correr".
Por último, Alonso cre que o resultado do encontro foi mérito dos seus: "cuando eres capaz de ganar 3-0 a un equipo imbatible, ajustarnos y generar más ocasiones, el mérito es del Coruxo".
Relacionadas:
-
Rufo relativiza a derrota ante o Coruxo: "Es mejor tener un día malo que muchos"
Por Diego Espiño |
-
Unha lesión no abdutor deixa sen Copa do Rei a Adrián Cruz
Por Diego Espiño |
-
A igualdade da categoría e os resultados dos rivais dan un respiro ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A "lei do ex" castiga con dureza a un Pontevedra irrecoñecible en Coruxo (3-0)
Por Ramiro Espiño |
-
Charles, sancionado con dous partidos pola súa expulsión ante o Dépor
Por Diego Espiño |
-
Combate nulo en Pasarón entre un Pontevedra valente e un Deportivo rochoso (1-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |