Os partidos de Pontevedra e Ribadumia na Copa do Rei serán televisados
Por Redacción
Co seu renovado formato, con eliminatorias a partido único no campo dos equipos de inferior categoría, a Copa do Rei volve ser unha competición atractiva para os equipos de categorías modestas, que ansían poder enfrontarse a rivais de superior categoría.
Esta campaña, polo menos no que incumbe á primeira rolda do torneo do K.O., as restricións ocasionadas pola Covid farán que o acceso de público sexa restrinxido, por exemplo no caso dos dous equipos da comarca en liza, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Ribadumia.
Polo menos para moitos afeccionados quedará o consolo da televisión porque ambos os dous encontros contarán con retransmisión en directo.
O que primeiro entrará en liza é o Ribadumia, que se enfrontará a todo unha Primeira División como o Cádiz no campo municipal da Senra o xoves 17 de decembro ás 19.00 horas. Farao coas cámaras en directo da plafaforma en liña DAZN.
No caso do Pontevedra, que unha hora máis tarde (20.00 horas) recibirá ao Cartagena da Segunda División no Estadio Municipal de Pasarón, a retransmisión correrá a cargo da Televisión de Galicia.
Relacionadas:
-
Un enorme Pontevedra elimina o Cartagena da Copa do Rei (2-1)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cádiz esperta do soño copeiro a un digno Ribadumia (0-2)
Por Diego Espiño |
-
Charles e dez máis para ilusionarse coa Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Empate sen goles no derbi entre Arosa e Ribadumia
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A "lei do ex" castiga con dureza a un Pontevedra irrecoñecible en Coruxo (3-0)
Por Ramiro Espiño |
-
Técnicos da RFEF inspeccionan A Senra para valorar se pode acoller un duelo de Copa do Rei
Por Redacción |
-
Copa do Rei: O Ribadumia recibirá ao Cádiz; o Pontevedra, ao Cartagena
Por Manu Otero |
-
Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei
Por Diego Espiño |