O último partido de liga do ano, un trámite amargo para o Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol terá o vindeiro domingo (12.00 horas) no estadio vigués do Vao un dobre inimigo, un Coruxo con urxencias clasificatorias (é noveno con só 4 puntos) e as pantasmas do seu pasado.
O cadro granate enfróntase á última xornada de liga do ano, un trámite que nas últimas campañas resultou especialmente amargo, e é que se se bota a vista atrás nada menos que 12 tempadas entre Segunda División B e Terceira División os pontevedreses só lograron vencer en dúas ocasións.
En concreto esas vitorias chegaron no curso 14-15, aínda en Terceira ao superar entón o Alondras, e na 15-16 xa na Segunda B, ambas as con Luisito no banco, cando se venceu en Pasarón á Cultural Leonesa por 2 goles a 1.
Desde entón os últimos 4 cursos o Pontevedra despediu o ano cun empate ante o Caudal na 16-17 e con derrotas fronte o Atlético de Madrid B (17-18 e 18-19) e San Sebastián de los Reyes (4-1), nun goleada na casa do pechacancelas que ademais supuxo un punto de inflexión na recuperación que o equipo mostrara tras a chegada de Carlos Pouso e que acabou desembocando máis adiante na súa destitución.
Hai que remontarse ás primeiras tempadas en Segunda B tras o paso pola categoría de prata (05-06, 06-07 e 07-08) para atoparse tres triunfos consecutivos na última xornada do ano.
Pero a historia pouco conta, e agora tras dous empates consecutivos os de Jesús Ramos necesitan sumar 3 puntos para manterse nos primeiros postos. Para os supersticiosos, sempre poden agarrarse en que, esta vez, será o último partido de liga do ano pero non o último choque oficial, xa que o 17 de decembro toca Copa do Rei recibindo o Cartagena de Segunda División.
Relacionadas:
-
A "lei do ex" castiga con dureza a un Pontevedra irrecoñecible en Coruxo (3-0)
Por Ramiro Espiño |
-
Charles, sancionado con dous partidos pola súa expulsión ante o Dépor
Por Diego Espiño |
-
Romay pasará polo quirófano a próxima semana
Por Diego Espiño |
-
Un inicio de liga sen coñecer a derrota que non se lembra desde a 87-88
Por Diego Espiño |
-
Temor no Pontevedra a que Charles sexa sancionado con máis dun partido pola súa expulsión fronte ao Dépor
Por Diego Espiño |
-
Romay di adeus á tempada ao confirmarse a rotura do cruzado: "Toca recuperarme y animar desde fuera"
Por Diego Espiño |
-
Combate nulo en Pasarón entre un Pontevedra valente e un Deportivo rochoso (1-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |