O Froiz suma o seu primeiro triunfo sen empezar a tempada
Por Redacción
O ciclismo en España e Europa está aínda descansando da atípica tempada recentemente concluída, empezando a preparar o que será o curso 2021. Moitos equipos de feito están a definir o seu plantel, e mentres tanto o Grupo Deportivo Supermercados Froiz xa sumou o seu primeiro triunfo.
Fíxoo alén do Atlántico, en Arxentina, ata onde se desprazou un dos corredores da escuadra pontevedresa, precisamente de nacionalidad deste país sudamericano, para aproveitar o bo clima destas datas na súa terra de orixe.
Trátase de Nicolás Antorena, que prepara o que será o seu segundo ano no Froiz e que lle deu xa unha alegría ao vencer no Encontro de Ciclistas de Paraná, primeiro competición nesta comarca arxentina en 9 meses debido á pandemia.
Antorena impúxose nunha circuitada, con 40 voltas a un percorrido de 3 quilómetros, marchándose en solitario nas últimas 5 voltas.
Un triunfo anecdótico pero que serve para empezar con bo pé a un ciclista que está chamado a ser unha das armas do Supermercados Froiz en 2021 para a Copa de España.
Relacionadas:
-
Renovación profunda no Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Miguel Ángel Mera estréase co Froiz acudindo a unha concentración nacional en Alacante
Por Redacción |
-
O Froiz despídese do seu campión de España, Samuel Blanco
Por Redacción |
-
O ciclista do Froiz, Iuri Leitao, consegue dúas novas medallas no Europeo de pista
Por Redacción |
-
Iuri Leitão, ciclista do Froiz, proclámase campión de Europa en pista
Por Redacción |