O Arxil encaixa a súa cuarta derrota consecutiva ao caer fronte ao Barakaldo (55-74)
Por Redacción & Cristina Saiz
O mal momento do Club Baloncesto Arxil parece non ter fin. O conxunto pontevedrés encaixou este sábado a súa cuarta derrota consecutiva na Liga Feminina 2 e métese nunha lea clasificatoria, ao non conseguir escapar dos últimos postos.
Nesta ocasión o conxunto verde viuse superado con claridade na súa pista fronte o Barakaldo (55-74) nun duelo no que se viu desbordado polo ataque vasco e en especial pola nixeriana Ijeoma Uchendu, que logrou 24 puntos, 10 rebotes e un 22 de valoración.
O certo é que o Arxil foi a remolque en todo momento, xa desde o primeiro cuarto do encontro (10-15) e ao descanso a renda empezaba xa a ser considerable (21-34).
Facíase necesaria unha reacción, pero non só non chegou no terceiro cuarto senón que o Barakaldo sentenciou a contenda cun gran acerto ofensivo (34-59).
Xa con todo decidido, o último parcial si foi arxilista, cun rival que baixou a súa intensidade pero que non viu perigar en ningún momento o triunfo.
Tras esta derrota o Arxil mantense na décima posición cun balnace de 2 partidos gañados e 7 perdidos.
Relacionadas:
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria ante a súa afección á conta do Maristas Coruña (72-61)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Unha arxilista, no 'all star' da Primeira Nacional de baloncesto
Por Redacción |
-
Inxusta derrota do Arxil que ofreceu a súa mellor imaxe ata o momento ante o Ardoi de Navarra (75-72)
Por Almu Dapena |
-
Vitoria de ouro para un Arxil que foi superior ao Avilés tras o terceiro acto (69-55)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
A visita do Avilés, partido clave do Arxil para abandonar os postos de descenso
Por Redacción |
-
Aprazada a viaxe a Canarias do Arxil por un positivo no seu rival, o Magec Tías
Por Redacción |
-
O Arxil tropeza co Azkoitia Azpeitia e suma unha nova derrota (75-61)
Por Redacción |
-
Derrota do Arxil ante o recentemente ascendido Tenerife tras un desastroso terceiro cuarto (57-67)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil sucumbe en Estremadura á intensidade defensiva do Miralvalle (71-53)
Por Redacción |
-
O Arxil respira á conta do Rosalía e suma a súa segunda vitoria da tempada (41-59)
Por Redacción |