Empate no debut ligueiro do Pontevedra xuvenil (2-2) fronte ao Veriña
Por Ramiro Espiño
Aceptable arranque ligueiro na División de Honra xuvenil, a pesar do empate, do Pontevedra fronte ao Veriña. Os granates cometeron erros propios de comezo de tempada e da necesidade de acoplamento das novas incorporacións, pero tamén deixaron detalles interesantes que fan pensar en que o obxectivo da permanencia debe alcanzarse con menos sufrimento que na tempada anterior.
A primeira parte foi de iniciativa asturiana, que por medio das súas dúas puntas, Polo e Asier, levaban máis perigo á área local. Precisamente Polo adiantaba ao Veriña aos 15 minutos, tras ribar un balón en medio campo, marchar en velocidade e encarar o porteiro Álex para batelo con comodidade.
O Pontevedra manexaba ben o balón, pero custáballe chegar con perigo, ata que a balón parado encontrou a solución aos seus males, cun gran lanzamento de falta, a cargo de Gonzalo, que puxo o balón na escuadra, logrando o empate no minuto 39.
A igualada fixo crecer ao Pontevedra, que un minuto máis tarde puido adiantarse, pero Mario non logrou superar no man a man ao porteiro visitante.
Na segunda parte o xogo decaeu e as oportunidades escasearon. Non obstante, de novo Polo acertaría coa portaría, aproveitando un mal rexeitamento en curto da zaga granate. Mario daría a resposta cinco minutos máis tarde, cunha perfecta vaselina sobre a saída de Carlos, para establecer un empate que hai que considerar xusto á vista dos méritos de ambos os dous conxuntos.
PONTEVEDRA, C.F. (2): Álex; Dani, Nico, Yago, Iago Martínez; Gonzálo, Jaime (Brais, min. 71); Josiño (Agus, min. 46), Mario (Bugallo, min. 71), Andrés (Otero, min. 75); e Buba.
VERIÿA, C.F. (2): Carlos; Manu, Sergio, Nacho, Álex; Sabou, Cristian; Bermi, Noé (Juan, min. 81), Asier (Eneas, min. 65); e Polo (Keki, min. 89).
Árbitro: Extremadura Hernández (Vigo), auxiliado nas bandas por Galaz Vaamonde e Fragueiro Bautista. Amoestou a Yago, Gonzalo, Carlos, Juan e Álex.
Goles: (0-1) Minuto 15: Polo. (1-1) Minuto 39: Gonzalo. (1-2) Minuto 67: Polo. (2-2) Minuto 72: Agus.
Incidencias: Sintético da Xunqueira (Pontevedra). Uns 100 espectadores.