As 'promesas' da natación recuperan o seu trofeo na piscina olímpica
Por Redacción
Tivo que pasar máis dun ano e medio desde a súa última edición, e agora ao fin pode volver celebrarse.
O Club Natación Galaico e a Federación Galega de Natación organizarán este sábado 5 de decembro una das súas competicións máis queridas, o Trofeo Internacional Promesas do Lérez, unha cita coa que os seus deportistas máis novos empezan a adquirir experiencia.
"A fórmula de competición é similar á dos campionatos que estes mozos nadadores terán que afrontar nun futuro moi próximo, con sesións eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, en piscina de 50 metros, dez cales e cronometraxe electrónica", explica o director deportivo do club, Diego Pérez.
En todo caso a pandemia e as medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias farán que a cita sexa diferente á doutros anos, con menor participantes e presenza só do club anfitrión, o Natación Galaico, xunto ao Galaico Sincro e o Vigo Rías Baixas.
Participarán no trofeo deportistas en idade promesa, benxamín e alevín.
Relacionadas:
-
A natación das Promesas do Lérez: cando o triunfo é simplemente poder competir
Por Redacción |
-
O Concello ofrécese a colaborar con Rías do Sur "polo ben da natación e o waterpolo"
Por Manu Otero |
-
Os clubs asumen a xestión do Centro Deportivo Rías do Sur logo do seu peche por parte de Supera
Por Manu Otero |