Rafael Louzán, novo presidente da Comisión de Terceira División da Federación Española de Fútbol
Por Redacción
O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, iniciou este venres a súa visita a Galicia. Acompañado polo presidente da Federación Galega, Rafael Louzán emprenderon un traxecto con primeira parada nos campos de San Pedro de Visma, onde foron recibidos pola alcaldesa da cidade, Inés Rey.
No acto, no que tamén estiveron os clubs do municipio, Louzán agradeceu a Rubiales a súa aposta polo fútbol e puxo en valor a boa sintonía entre as dúas Federacións e o compromiso de traballar conxuntamente polo interese xeral do fútbol.
Pola súa banda, o presidente da RFEF fixo público o nomeamento de Rafael Louzán como novo presidente da Comisión de Terceira División da Federación Española e recalcou o seu "esforzo federativo para manter as axudas aos clubs".
Xa na sede da Federación Galega, Rubiales recibiu de mans de Louzán a Medalla de Ouro, a máis alta condecoración da Federación Galega a modo de agradecemento do presidente da Federación Española co fútbol galego.
Aproveitando o acto, no que tamén participou o Secretario Xeral, Diego Batalla, así coma varios directivos da RFGF, Rubiales fixo entrega dunha camiseta conmemorativa da Selección Española.
Por último, en sede federativa levouse a cabo tamén un sinxelo pero emotivo acto. Aproveitando a visita do máximo responsable do fútbol español, fíxose entrega ao Imperátor dun diploma conmemorativa do seu 75 aniversario, así como dunha camiseta da selección española co número 75 na espalda.
Relacionadas:
-
A continuidade da Segunda B e Terceira, a debate nunha reunión da RFEF coas territoriais
Por Diego Espiño |
-
A Federación Galega de Fútbol ponse solidaria coa campaña de Nadal
Por Redacción |
-
Negan que haxa fraude e prevaricación no caso que senta a Louzán e Luisa Piñeiro ante a xustiza
Por Alejandro Espiño |
-
A Federación Galega comprométese cos clubs a axudar a financiar os test e a figura do xefe médico
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol rexeita o uso da máscara e avanza que "buscará alternativas"
Por Almu Dapena |