Duelo de pechacancelas en Cantabria entre Sinfín e Cisne
Por Redacción
Duelo de necesidades e urxencias o que se vivirá este sábado na cancha cántabra da Albericia a partir das 18 horas. Balonmán Cantabria Sinfín e Dicsa Modular Cisne veranse as caras nun partido que servirá para afundir un pouco máis na táboa ao derrotado e para tomar aire e avivar a esperanza da permanencia para o gañador.
O Cisne, sumido nunha serie de dez derrotas consecutivas, visita ao Sinfín, que regresar á competición despois dun mes sen competir ao rexistrar varios contaxios por coronavirus entre o seu plantel. Ambas as escuadras chegarán coas forzas xustas ao encontro. Os brancos, porque levan dúas semanas disputando partidos cada tres días cun plantel curto e lastrado polas lesións; e os locais, porque levan semanas sen adestrar con normalidade.
A pesar da mala dinámica, no Cisne aínda hai oco para o optimismo. O equipo ofreceu un bo rendemento no partido deste mércores en Guadalaxara durante a maior parte do primeiro tempo, polo que se son capaces de estender ese nivel de intensidade e xogo ao segundo tempo, os de Jabato terán serias opcións de reecontrarse coa vitoria máis de dous meses despois de derrotar ao Frigoríficos do Morrazo en Cangas.
Relacionadas:
-
O duelo de pechacancelas entre Cisne e Sinfín sáldase con empate (24-24)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne desaparece antes do descanso e encaixa unha nova derrota en Guadalaxara (37-20)
Por Manu Otero |
-
Nova derrota para un Cisne que chegou a ir por diante no marcador no duelo fronte o Benidorm (34-25)
Por Almu Dapena |
-
Mal grolo para o Cisne na Rioxa (34-23)
Por Redacción |