Xian Silva logra o ouro no Campionato Internacional de Polonia de taekwondo
Por Redacción
O taekwondista do Mace Sport Xian Silva competiu o pasado fin de semana en Polonia cun excelente resultado.
O deportista de Poio logrou a medalla de ouro no Campionato Internacional de Polonia, unha cita que lle serve de preparación para o Europeo, que se celebra na localidade portuguesa de Porto a finais do presente mes.
Xian, que se encontra concentrado co equipo nacional, impúxose en primeira rolda do torneo ao representante ruso por 16 a 4, en cuartos ao polaco por 6 a 0 e en semifinais ao reprensentante de Croacia.
Na final silva non tivo que combater ao retirarse o seu adversario, eslovaco, por decisión técnica.