Os deportistas galegos unen as súas voces para gritar "NON" á violencia machista
Por Manu Otero & Mónica Patxot
O pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi o escenario elixido polo goberno autonómico para conmemorar, cos deportstas galegos máis destacados, o día contra a violencia machista. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, mantivo un encontro telemático cunha trintena de atletas de diversas disciplinas e lanzar unha mensaxe conxunta de "non á violencia machista".
Acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete Lasa; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; Núñez Feijoo mostrou o compromiso de todo o seu goberno en acabar con "este disparate machista e enfermidade social chamada violencia machista".
A piragüista cinco veces olímpica, Teresa Portela; a atleta Adiaratou Iglesias e o judoca Nikoloz Sherazadishvili estiveron tamén presentes nun acto no que participaron outros deportistas de renome como Ana Peleteiro, Adrián Ben, Támara Echegoyen ou Bea Gómez entre outros.
"O ideal sería non estar aquí porque significaría que non habería violencia", declarou a piragüista, convencida de que o deporte transmite valores importantes para combater esta lacra como "o respecto aos nosos iguais e aos que temos ao noso lado".
O mandatario popular quixo destacar os valores do deporte e aos deportistas como modelos para acabar con esta violencia. Despois de lembrar ás últimas vítimas, Feijoo equiparou a deportividade coa tolerancia e agradeceu o compromiso dos atletas para "mandar unha mensaxe de tolerancia, e convivencia".
Puxo en valor o presidente os avances en materia de igualdade no ámbito deportivo, pero admitiu tamén que "aínda queda moito por facer". Para conseguilo sabe que pode contar co apoio de toda a comunidade deportiva de Galicia que " levan tamén a bandeira do NON", rematou.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen aterra en Tokyo e inicia a conta atrás para os seus terceiros Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Os deportistas pontevedreses lanzan unha mensaxe contra a violencia machista
Por Manu Otero |
-
Feijóo descarta o confinamento domiciliario xeneralizado: "Non temos dentro do noso radar a posibilidade"
Por Natalia Puga |
-
Os olímpicos galegos únense á loita contra a violencia de xénero
Por Redacción |