Un dobrete de Pedro Beda dá a vitoria ao Arosa ante o Pontellas (0-2) e a UD Ourense reparte os puntos co Ribadumia (2-2)
Por Redacción
Arosa e Ribadumia regresaron ao verde esta fin de semana para disputar a sexta xornada de Terceira División. Os de Vilagarcía fixéronse cos tres puntos grazas a un dobrete de Pedro Beda ante o Pontellas (0-2), mentres que os arlequinados deixaron escapar a vitoria no último minuto, momento no que a UD Ourense igualou o partido (2-2).
O Arosa segue líder despois de vencer ao Pontellas a domicilio. Os de Rafa Sáez chegaban á cita tras cultivar unha dura derrota ante o Choco, rival directo, de aí a obrigación de gañar fronte á cincenta do grupo se queren afianzarse nos postos altos da clasificación.
Os arlequinados demostraron as súas ganas de sumar de tres en tres desde o minuto 1, pero non foi ata despois do descanso cando chegaron os goles.
No minuto 49 Pedro Beda definiu de maneira excelente para abrir o marcador e poñer o Arosa por diante no luminoso.
O Pontellas aguantaba e non foi ata a recta final do encontro cando os visitantes sentenciaron. Apareceu Pedro Beda para, con outro tanto, poñer o 0-2 para levar os tres puntos a Vilagarcía.
Consulta a acta do Pontellas-Arosa
O Ribadumia deixou escapar os tres puntos na Senra ante unha UD Ourense que viña de sumar 7 dos últimos 9 puntos en xogo. Comezou poñéndose por diante o conxunto aurinegro grazas a un dobrete de Charles pero os visitantes foron capaces de recompoñerse para remontar e igualar o partido.
Os de Luís Carro chegaron á cita con ganas de volver atoparse coa vitoria en liga despois de sumar un empate e dúas derrotas no últimas tres xornadas.
Charles tardou media hora en inaugurar o marcador, poñendo o 1-0 co que se alcanzou o descanso, e aos 15 minutos da segunda metade foi el mesmo o que volveu golpear para facer un dobrete e facer o 2-0 para o Ribadumia.
Foron capaces os locais de aguantar o marcador pero a recta final do encontro fíxoselles costa arriba. A UD foi a por o gol e a recompensa chegou no minuto 76, obra de Miguel Fernández.
Co partido aberto os de Ourense non paraban de buscar o empate. Para fortuna dos visitantes apareceu Alfredo que igualou o encontro cando se alcanzaba o tempo de prolongación, deixando ao Ribadumia co mel nos beizos.
Relacionadas:
-
O Ribadumia gaña en Bouzas para subir á cuarta praza e o Arosa supera o Estradense
Por Redacción |
-
Solidez de líder do Arosa para vencer en Bouzas e sufrido triunfo do Ribadumia fronte ao Pontellas
Por Redacción |
-
O líder Arosa vence ao Atios con gol de Pedro Beda (1-0) e o Ribadumia suma unha nova derrota tras caer fronte ao Barco (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Copa do Rei: O Ribadumia recibirá ao Cádiz; o Pontevedra, ao Cartagena
Por Manu Otero |
-
O Ribadumia cae goleado ante o Alondras (4-0) e o Arosa cede os tres puntos ante o Choco (1-2)
Por Redacción |
-
O Arosa sofre pero vence o Barco para colocarse líder de Terceira (0-2)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |