O maratón de partidos do Cisne fai escala en Benidorm
Por Manu Otero
O Cisne continúa co seu particular maratón de partidos provocado polos aprazamentos derivados do brote de covid-19 no seu plantel. Este sábado os brancos viaxan a Benidorm, só tres días despois de visitar Logroño, para afrontar un duelo moi esixente que obrigará de novo aos de Jabato a ofrecer a súa mellor versión se queren regresar a casa con algo positivo.
A partir das 18 horas nun partido correspondente á décimo cuarta xornada de Liga Asobal, o cadro pontevedrés verase as caras cun equipo deseñado para compaxinar competición europea e doméstica. "O ano pasado fixeron unha gran Copa e metéronse en Europa. Aínda que xa están eliminados, teñen un equipo preparado para competicións continentais", sostén o segundo adestrador cisneísta, Quiños.
A profudidad de banco preséntase de novo como un factor diferencial á hora de competir polo triunfo. "Teñen un plantel longo, con dous ou tres xogadores por posto e con especialistas defensivos", alerta o preparador.
Máis preocupado está, en cambio, pola produción ofensiva dos alacantinos. "É un equipo que destaca moito pola calidade dos seus extremos. Xogan para que eles se luzan. Ademais, iso fai que as defensas se abran e se xeren espazos para as súas primeiras liñas", alerta o técnico.
Unha das oportunidades que tentará aproveitar o Cisne para pescar algún punto serán as baixas por lesión que arrastra o rival, algo que tamén padecen os pontevedreses, aínda que no seu caso cun plantel moito máis curto.
Relacionadas:
-
Nova derrota para un Cisne que chegou a ir por diante no marcador no duelo fronte o Benidorm (34-25)
Por Almu Dapena |
-
Mal grolo para o Cisne na Rioxa (34-23)
Por Redacción |
-
As lesións castigan o Cisne nunha semana de maratón: tres partidos en oito días
Por Almu Dapena |
-
O Bidasoa esmaga a un Cisne impotente (21-31)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Un combativo Cisne roza os puntos en Valladolid pero termina cedendo (29-26)
Por Diego Espiño |