Nova misión imposible para o Cisne, que visita a outro coco infestado de baixas
Por Redacción
O Cisne continúa recuperando o tempo perdido pola corentena que tivo que atravesar boa parte do plantel branco como consecuencia dos positivos rexistrados entre as súas filas.
Despois de caer nun igualadísimo duelo contra o Valladolid e de sucumbir ante o poderío do Bidasoa, chega a hora de medirse a outro dos cocos da categoría e, por se o reto non fose maiúsculo, farao con boa parte do plantel entre algodóns.
Ás 19 horas no Palacio dos Deportes de Logroño poñerase en marcha este partido correspondente á xornada dez da liga Asobal que debería disputarse o 10 de outubro. "Será unha saída complicada contra un equipo chamado, xunto a Bidasoa e Ademar, a pelexar po a segunda praza da liga", augura Quiños, segundo adestrador do Cisne, sobre o Balonmán Logroño.
CARTEL DIGITAL
— BM Ciudad de Logroño (@CdadLogrono) November 16, 2020
STRANGER CISNE 2
La primera temporada prometía mucho, pero una pandemia se volvió definitiva. Ahora, los Cisnes vienen con ganas de que el caos se apodere de Logroño. Este miércoles a las 19:00 veremos ''de qué va la peli''. pic.twitter.com/tqZEGAh6CN
Os rioxanos, ao contrario que o Cisne, dispoñen dun amplo plantel. "Con dous ou tres xogadores por posto. Por iso poden meter un ritmo moi alto e correr moito para desgastar aos rivais", subliñao preparador, quen destaca o talento novo de xogadores como Serradilla, cuxa convocatoria con España motivou un novo atraso na disputa deste partido; ou a elevada altura dos xogadores. "É un equipo de moita talla, dos máis altos da liga", remarca Quiños.
Coa baixa segura do pivote Iván Calvo, Jabato quedará só con Dani Ramos como especialista e Quiños está convencido de que o seu equipo terá que apostar a "mobilidade para buscar espazos e penetracións". Pero se o conseguen, aínda haberá un novo obstáculo que superar. "Rangel en poreteria está a dar un gran rednimiento". En defensa, a clave estará en apretar aos seus lanzadores para que non disparen con facilidade.