O Poio Pescamar sofre primeiro e golea despois para sumar tres puntos (5-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz
Con máis apuros do que reflicte o marcador conseguiu o Poio Pescamar unha nova vitoria. As vermellas derrotaron cun contundente 5-2 ao Teldeportivo de Gran Canaria que vendeu moi cara a súa derrota. As visitantes lograron igualar ata en dúas ocasións o marcador e sementaron dúbidas no Poio Pescamar que finalmente soubo facer valer a súa superioridade física e técnica para amarrar o triunfo.
As locais adiantáronse aos seis minutos de xogo nunha xogada a balón parado. Un córner sacado en curto á frontal da área chegou aos pés de Antía, que enganchou un potente disparo raso para romper a igualada. Estaba a ser mellor o cadro de Cossío, pero o gol relaxou ao equipo e deu ás ao visitante, que comezou a chegar cada vez con máis perigo á meta de Caridade ata que lograron a igualada por medio de Idoya.
Foise con dúbidas o Poio Pescamar aos vestiarios, pero disipáronse no primeiro minuto do segundo tempo co tanto de Dámaso en propia porta para poñer de novo en franquía ás conserveiras. O guion repetiuse, as insulares volveron botarse arriba e Mariña Benete, que xa puido igualar nunha xogada anterior, restableceu o empate cun tiro cruzado.
De forma inmediata, Irene García soubo aproveitar un erro defensivo das visitantes para volver adiantar ás vermellas, que esta vez non ían deixar escapar a vantaxe. Lucía incrementou a vantaxe ao rematar a gol un centro ao segundo pau e xa coas canarias envorcadas en busca dunha remontaha heroica, Mirian redondeou a goleada.
Poio Pescamar (5): Caridad; Dani Sousa, Ana, Irene García y Luci (quinteto inicial). También jugaron, Antía, Julia Dupuy, Mirian e Iraia.
Gran Canaria Teldeportivo (2): Mariona; Marta Gallego, Judit Dámaso, Idoya y Paula (quinteto inicial). También jugaron, Marina Benete, Judit Collado, Vanessa Jiménez, Naira y Muni.
Goles: 1-0, min. 6 Antía; 1-1, min. 13 Idoya; 2-1, min. 21 Dámaso (propia porta); 2-2, min. 28 Marina Benete; 3-2, min. 28 Irene García; 4-2, min. 32 Lucia; 5-2, min. 39 Mirian
Árbitros: Guntín Garrido e Otero Mira, colexio galego, amonestaron a Judit Collado no Teldeportivo e Antía no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Antía Pérez e Caridad, do Poio Pescamar, citadas pola Selección Española Sub-21
Por Redacción |
-
Despexada a incógnita da fase final de Copa para o Poio Pescamar, que se medirá en semifinais ao Universidad de Alicante
Por Diego Espiño |
-
O Atlético cébase co Poio Pescamar e golea (6-1)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar xógase o liderado contra o Atlético
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recibe 10.700 euros para loitar contra a violencia machista
Por Redacción |
-
As baixas seguen castigando ao Poio Pescamar ante a visita do Teldeportivo canario
Por Redacción |
-
Un hat-trick de Dani Sousa dá a vitoria ao Poio Pescamar na súa visita ao Amarelle (0-3)
Por Almu Dapena |