Xornada clave para o Teucro coa visita ao Municipal do Sporting Alicante
Por Redacción
Só nun partido das seis xornadas disputadas ata a data na División de Honra Prata a Sociedad Deportiva Teucro non se mostrou competitivo. Foi ante o Barcelona B, cun día negro e unha derrota moi clara.
O resto de datas deixaron unha derrota na primeira xornada e catro empates para os de Irene Vilaboa, cun equipo en construción que foi mellorando aos poucos as súas prestacións e achegándose ao que pide a adestradora.
Esa melloría con todo non se traduciu en puntos e nunha vitoria que agora se fai xa máis necesaria que nunca, co equipo situado na oitava posición do seu grupo.
Ese é o obxectivo dos azuis na visita do Sporting Alicante ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Será nun horario pouco habitual, na matinal do domingo 15 de novembro (12.00 horas), e frente a un rival que suma un punto menos na clasificación, 3 polo 4 do Teucro. De aí a importancia de empezar a sumar de dúas en dúas e empezar a escalar posicións.
A Dirección Xeral de Saúde Pública autorizaron ampliar lixeiramente o aforo no Municipal, que será esta xornada de 50 espectadores, o máximo permitido pola normativa actual da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
O Teucro, a pola súa primeira vitoria da tempada en Lalín
Por Redacción |
-
O Teucro estrélase co Alicante e segue sen ver a vitoria esta tempada (29-31)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Ao Teucro escápaselle a vitoria e acaba empatando ante o Sant Martí de Adrianenc (29-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Tarde de terror para un Teucro negado ante un moi superior Barcelona B (47-24)
Por Almu Dapena |
-
Un Teucro de dúas caras logra o empate no derbi ante o Atlético Novás (27-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Irene Vilaboa é recibida na Subdelegación do Goberno como referente da igualdade no balonmán
Por Redacción |