Estrea para a tempada de piragüismo co VI Trofeo Internacional Rías Baixas no Pontillón
Por Redacción
A tempada de piragüismo levanta esta fin de semana o pano e faino nunha das súas pistas predilectas, o encoro do Pontillón do Castro, en Verducido.
As instalacións deportistas pontevedresas acollerán o sábado 14 de novembro o VI Trofeo Internacional Rías Baixas, unha regata que se disputará na distancia de medio maratón e que contará con algúns dos mellores especialistas a nivel nacional.
En total inscribíronse 217 padexeiros pertencentes a 41 clubs.
Ao tratarse dunha proba de medio maratón todos eles, nas categorías sub-23, sénior e máster, afrontarán un percorrido de 12 quilómetros cos seus respectivos porteos.
Na lista de saída figuran medallistas internacionais e grandes nomes como os de Tono Campos, Diego Romero, Óscar Graña e José Manuel Sánchez en canoa ou Iván Alonso, Jaime Sobrado, Antonio Palmás, Tania Fernández e Tania Álvarez en kaiak.
A competición dará comezo ás 10.00 horas e prolongarase durante gran parte da mañá.
Relacionadas:
-
Verducido estrea o novo curso do piragüismo cun masivo trofeo internacional de media maratón
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence na 26 Baixada Internacional do Umia
Por Redacción |
-
Antía Jácome e Antía Otero reciben o apoio do Concello e xa pensan no seu próximo obxectivo, o Preolímpico
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero vencen na Copa do Mundo en Hungría
Por Almu Dapena |