O Arxil respira á conta do Rosalía e suma a súa segunda vitoria da tempada (41-59)
Por Redacción
Balón de osíxeno para o Club Baloncesto Arxil, que toma aire na clasificación da Liga Feminina 2 despois de vencer este mércores en Santiago de Compostela ao Rosalía (41-59), nun encontro aprazado no seu día polo confinamento de varias xogadoras do conxunto compostelán.
As pontevedresas, que encadeaban tres derrotas consecutivas, necesitaban un triunfo para respirar e non verse atrapadas na zona baixa da clasificación. Claro que o seu rival chegaba con aínda máis urxencias ao sumar ata a data todos os seus partidos por derrotas.
As de Mayte Méndez, conscientes da situación, conseguiron poñerse por diante desde o primeiro cuarto (13-15), da man sobre todo de Noelia Masiá (11 puntos no primeiro parcial).
A vantaxe incrementouse no segundo cuarto, no que a Rosalía custoulle ver aro ante o traballo defensivo arxilista. Desta forma chegábase ao descanso cun 23-31 que daba motivos para o optimismo nas visitantes.
Pero se importantes foron os minutos previos ao intermedio, máis decisivo foi o terceiro parcial, no que o Arxil cortou calquera intento de reacción e decantou o choque cun 6-16 que elevaba o marcador a un 29-47 imposible de remontar para as locais.
Os últimos 10 minutos só serviron para certificar o importante triunfo das pontevedresas, que lles serve para ascender ata metade de táboa. Seguinte parada, este mesmo sábado 14 de novembro e de novo a domicilio, visitando a cancha do Extremadura Plasencia.
Consulta aquí as estatísticas do Ulla Oil Rosalía-Club Baloncesto Arxil.
Relacionadas:
-
O Arxil encaixa a súa cuarta derrota consecutiva ao caer fronte ao Barakaldo (55-74)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil buscará romper a serie de derrotas na cancha do Azkoitia Azpeitia ISB
Por Redacción |
-
Derrota do Arxil ante o recentemente ascendido Tenerife tras un desastroso terceiro cuarto (57-67)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil precisa unha vitoria balsámica
Por Redacción |
-
O Arxil sorteará entre os seus socios os 30 asentos permitidos para ver ás verdes no CGTD
Por Redacción |
-
O Arxil sucumbe en Estremadura á intensidade defensiva do Miralvalle (71-53)
Por Redacción |
-
O Arxil recupera xornada aprazada en Santiago coa necesidade de gañar
Por Redacción |
-
O Arxil suma a súa terceira derrota tras caer no derbi co Cortegada (58-63)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Suspendido por segunda xornada consecutiva o partido de liga do Arxil, por un positivo no seu rival
Por Redacción |
-
O Arxil planta cara ao líder na primeira parte pero derrúbase na segunda (53-93)
Por Manu Otero |
-
Suspendido o partido da Liga Feminina 2 entre Rosalía e Arxil pola corentena de catro xogadoras santiaguesas
Por Diego Espiño |