Jesús Silva, soñando co Dakar desde Cuspedriños: "Es la aventura, con mayúsculas"
Por Diego Espiño
Aos seus 42 anos Jesús Silva vese preparado para afrontar unha das maiores aventuras no mundo do deporte, e en particular do motor, o Rally Dakar.
"Es la aventura, con mayúsculas", recoñece o piloto natural de Cuspedriños, en San Xurxo de Sacos, e é que se trata dunha carreira que "es el sueño de toda una vida".
Con todo ata fai non tanto parecía case que unha quimera, xa que este veciño de Cerdedo-Cotobade non comezou a competir no mundo das motos ata o ano 2013. "Llevo montando en moto toda la vida pero compitiendo poco. Empecé en 2013 en el Campeonato Gallego y de España de enduro y poco a poco fui cambiando hacia los rallys", explica.
Foi en 2018 cando chegou a súa estrea nos raids, na Baja Aragón, e desde entón o soño de chegar algún día ao Dakar empezou a tomar forma, aínda que "el mayor problema es conseguir financiación", asegura.
Silva compite baixo a estrutura dun equipo rioxano, o Club Aventura Touareg, aínda que debe achegar boa parte dos gastos que supoñería afrontar unha aventura en Arabia Saudita, sede actual do Dakar, para a que xa se pon data, a edición 2022. E é que para afrontar con garantías o desafío necesitaría recadar "en torno a los 150.000 euros" entre axudas e patrocinadores, recoñece, porque "no sólo es la participación en el Dakar, antes tienes que hacer otras carreras para que la organización verifique tu nivel".
Nesas está, e de feito figura entre os participantes dunha carreira puntuable do Campionato de Europa de Baixas que se disputa do 20 ao 22 de novembro, a Baja TT Dehesa Extremadura.
A súa idade non supón un impedimento para seguir soñando, porque "yo creo que es la edad ideal, tienes la suficiente madurez para ver los peligros". Por iso e co respaldo da súa familia "creo que es el momento", mantén. Só queda conseguir os apoios necesarios, unha carreira de fondo que esconde unha grande recompensa.