O Poio Pescamar sentenza na primeira metade para vencer ao Cidade das Burgas (3-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
O Poio Pescamar logrou esta fin de semana a súa primeira vitoria da tempada. O pavillón da Seca abriuse, por segunda fin de semana consecutiva, para celebrar o duelo entre as rojillas e o Cidade das Burgas.
A portería do conxunto local estaba nas mans da filial Iria Varela, que xa debutara na anterior xornada pero que tiña que defender ás súas debido ás baixas das internacionais Silvia Aguete e Caridad, lesionada e sancionada respectivamente.
As locais fixéronse pronto co control do xogo. En fronte tiñan a un Cidade das Burgas, que saíu cunha presión rápida pero que pronto cambiou para esperar ao rival en metade de cancha.
Tras uns primeiros instantes nos que o Poio non conseguía ver portería de maneira clara, chegou a mellor combinación do partido coa que se abriu o marcador. Nunha rápida acción por parte Chiesa e Ana Rivera, habilitaron a Antía ao segundo pau para facer desde o chan 1-0.
Pouco despois de sacar de centro, Luci, en xogada persoal nun disparo afastado, anotou segundo para o Poio e asfaltou o camiño cara á vitoria. O Cidade respondeu tentando equilibrar o desenvolvemento do xogo buscando presionar ao conxunto vermello, pero as de Cossío mostrábanse moi cómodas sobre a cancha.
A falta de 5 minutos para chegar ao descanso, nunha rápida acción ofensiva ao contragolpe, Mirian habilitou a Dani Sousa, que superou a Lastra e sentenciaba o encontro.
Co 3-0 en contra o Cidade saíu con todo para meterse de novo no partido. Primeiro tentouno Clara cunha falta que finalmente se foi fose e, a pouco de que soase a bucina, o Poio cometía a súa sexta falta favorecendo cun dobre penalti ás ourensás. Fara foi a encargada en lanzalo pero o seu tiro deu no traveseiro.
Despois do intermedio o Poio estaba cómodo defendendo a pesar do aumento de intensidade do Cidade, que presionaba cada saída de balón rival. Codeso optou polo xogo de cinco en busca dun gol que as metese no partido cando quedaban pouco menos de seis minutos para o final, pero o conxunto vermello conseguiu manter blindada a portería e selou o 3-0 co que concluíu o partido.
Poio Pescamar (3): Iria Varela; Luci Gómez, Dani Sousa, Irene García e Julia Dupuy (quinteto inicial). Tamén xogaron, Miriam, Agostina, Antía, Cárol e Ana Rivera.
Cidade das Burgas (0): Lastra; Lucía Nespereira, Fara, Clara e Sol (quinteto inicial). Tamén xogaron, Amelia, Canolich, Aroa, África, Lucía Vázquez, Carlota, Sonia Pacios e Nahir.
Goles: 1-0, min. 7 Antía. 2-0, min. 8 Lucía. 3-0, min 15 Dani Sousa.
Colexiados: Gallo Suárez e Hevia Campa do colexio asturiano. Amoestaron a Mirian, Antía e Julia no Poio Pescamar e a Manolo Codeso, adestrador do Cidade dás Burgas.
Relacionadas:
-
As baixas seguen castigando ao Poio Pescamar ante a visita do Teldeportivo canario
Por Redacción |
-
Un hat-trick de Dani Sousa dá a vitoria ao Poio Pescamar na súa visita ao Amarelle (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Silvia Aguete recibe meses despois o seu premio como mellor gardameta do mundo
Por Redacción |
-
A portería do Poio Pescamar, en mans do filial para recibir ao Cidade das Burgas
Por Manu Otero |
-
Empate xusto no debut ligueiro do Poio Pescamar fronte ao Roldán (2-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Aprazada a primeira xornada de liga do Poio Pescamar tras un positivo por covid-19 no Leganés
Por Diego Espiño |