O Teucro viaxa a Barcelona na busca do seu primeiro triunfo
Por Redacción
O Teucro enfróntase este sábado, ás 18.45 horas, ao FC Barcelona B na cidade deportiva do conxunto catalán co obxectivo de pór fin a unha serie de tres empates consecutivos e conseguir o seu primeiro triunfo en liga.
A tarefa non será sinxela porque o filial azulgrana marcha en terceira posición con tres vitorias e unha soa derrota, a sufrida hai dúas xornadas contra o último rival teucrista: o Atlético Novás. A fortaleza do cadro culé como local é unha das virtudes exhibidas polo equipo nas últimas tempadas, de feito na pasada xornada pasaron por encima do Bordils. Por iso, os azuis terán que ofrecer a súa mellor versión para volver co botín a Pontevedra.
O equipo que dirixe Irene Vilaboa chega nunha clara liña ascendente a pesar non poder estrear aínda a súa marcadora de vitorias. Na pasada xornada, despois dun inicio de partido dubitativo, os azuis conseguiron marcar o ritmo do encontro no segundo tempo para facerse cun valioso empate. Aínda así, a necesidade de comezar a sumar puntos empeza a ser urxente para distanciarse da zona baixa da táboa.
Relacionadas:
-
Tarde de terror para un Teucro negado ante un moi superior Barcelona B (47-24)
Por Almu Dapena |
-
Un Teucro de dúas caras logra o empate no derbi ante o Atlético Novás (27-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Valioso empate do Teucro contra o Bordils, a súa segunda igualada consecutiva fóra da casa (25-25)
Por Almu Dapena |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |