O Interrías vence o Deportivo B e colócase colíder (3-1); o Arousana cae ante o Victoria FC (2-1); e o Umia perde contra o Sárdoma (1-3)
Por Almu Dapena
Segunda xornada cargada de intensidade a vivida esta fin de semana cos partidos de Primeira Nacional Feminina subgrupo A grupo 1º.
O campo de San Pedro de Vilalonga acolleu, o sábado ás 17:00 horas, o primeiro partido da xornada. No verde, Interrías e Deportivo B.
Esperábase un partido de igual ao igual. Ambos os equipos espérase que estean no alto da clasificación e así o demostraron durante os primeiros minutos, onde se puido ver como o Dépor tentaba crear perigo, pero o Interrías, ben colocado en todo momento, impedía que o seu rival adiantásese no marcador.
As de Coruña tentaban crear un xogo que se viu truncado por un Interrías que logrou abrir a lata cando se cumpría o minuto 10 de encontro. Primeira chegada á área rival e primeir gol. Connie avanzou pola banda esquerda e sacou un centro perfecto que Tania Esperón cabeceou ao segundo pau para poñer o 1-0.
Tras o gol, as branquiazuis buscaron o empate pero as de Sanxenxo estaban cómodas e moi encima impedindo que puidesen trenzar as xogadas ata chegado o minuto 20, momento no que tiveron a oportunidade de igualar pero Paula enviou o balón ás nubes de San Pedro.
A presión do Dépor era alta, cada vez que algunha xogadora local tocaba o balón, xa se atopaba con tres rivais ao seu ao redor que lle impedía soltar o balón. A pesar diso, foi o Interrías o que aumentou a súa vantaxe. De novo, tras un contragolpe, chegou o segundo gol. Raquel foise pola banda dereita e sacou un centro ao segundo pau e Connie, que pasou de asistente a goleadora, rematou de cabeza para poñer o 2-0 ( min. 27) co que se chegou ao descanso.
Tras o paso polos vestiarios as visitantes buscaron meterse no partido dominando os primeiros minutos pero sen opcións claras de gol. As que si que o volveron a ver foron as de Sanxenxo cando se cumpriron os 5 minutos da segunda metade. Connie, desde a banda esquerda, enviou de primeiras o balón ás costas da defensa visitante e Raquel, que foi máis rápida que os seus rivais, marcou o 3-0. Parecía unha xogada limpa pero o cadro arbitral interpretou que houbo falta da xogadora atacante e finalmente anulouno.
O Interrías seguía xogando ao seu e facía cada vez máis dano a un Dépor que vía puntuar cada vez máis lonxe. De novo, nun contragolpe de libro, Connie rematou o centro de Balo, para poñer, esta vez si, o 3-0 cando se cumpría o minuto 52.
No minuto 60 o Dépor tivo o 3-1 nas súas botas. A porteira local, Tania, pediu o balón a Cata, que o deixou pasar. A gardameta non foi capaz de agarralo e a dianteira, con picardía, levou o balón para quedar diante da portería baleira. Con todo, a portuguesa soubo rectificar o erro da súa compañeira e roubou o esférico ao seu rival para despexalo e impedir o gol.
O Interrías era o claro dominador no luminoso, pero no campo a posesión pertencía a unhas branquiazuis que non cedían o esférico e tiñan as súas mellores ocasións a balón parado. Foi así como chegou o 3-1. Nuria Torres enviou o balón á rede aproveitando o rexeite dunha falta (min. 66).
Quedaban pouco máis de 15 minutos e a polémica estaba servida. O colexiado expulsou a Paula Dapena tras dúas amarelas cuestionables, deixando ás locais cunha xogadora menos. A superioridade numérica o Dépor non soubo aproveitala a pesar de non saír do campo do rival.
Finalmente, 3-1 e tres puntos máis para o Interrías que se coloca líder da clasificación empatado a puntos co Victoria FC, que venceu ao Atlético Arousana por 2-1.
Aínda que as de Vilagarcía foron as primeiras en adiantarse no marcador cun gol de Arufe no minuto 24 pero, nada máis sacar de centro, as santiaguesas souberon aproveitar un erro defensivo para responder con outro tanto sen deixar tempo para a alegría ao equipo contrario. Noela enganchou un balón desde a frontal da área co que quitou as telarañas da portería e así poñer de novo o empate (min. 25, 1-1).
Na segunda metade, o Arousana deulle a iniciativa ao Victoria, que se mostraba superior, logrando mellores ocasións e tendo a posesión do esférico. Con todo, as amarelas souberon responder e coa defensa pechada conseguiron aguantar o ballón.
Xa na recta final do encontro, a falta de 10 minutos para a conclusión, as visitantes puideron volver poñerse por diante por mediación de Almudena que tivo un man a man coa porteira santiaguesa que finalmente parou. Dous minutos despois, a balanza finalmente decantouse a favor do Victoria. O colexiado pitou penalti e Ángela encargouse de tranformarla no minuto 82, poñendo o 2-1 co que concluíu o partido.
Pola súa banda, o Umia volveu á Bouza este domingo para recibir ao Sárdoma, ambos viñan de perder na anterior xornada.
Durante a primeira media as de Barrantes mostráronse máis intensas, logrando adiantarse grazas a un gol de Nati que rematou unha falta lateral. A partir de aí o equipo relaxouse, situación que aproveitou o Sárdoma para dar un paso adiante e igualar o partido cun gol que veu tamén dunha falta desde o lateral na que House non puido facer nada.
Co 1-1 comezou a segunda metade e os erros condenaron ao Umia. Unha falta preto do banco local e a falta de atención defensiva provocou que as de Vigo sacasen rendemento e poñerse por diante por primeira vez nun partido no que as porteiras tiñan pouco traballo (min. 56).
O Sárdoma estaba relaxado con esa pequena vantaxe e, chegando ao final do partido lograron sentenciar. Yaiza plantouse diante de House e enviou o balón á rede para poñer o 1-3 final.
VALORACIÓN DOS TÉCNICOS
Moncho Roldeiro, adestrador do Arousana: "vimos un poco decepcionadas co resultado porque pensamos que traballamos para ter algún premio, tanto a vitoria coma o empate, pero dous erros en defensa e a falta de claridade nos metros finales impediunos traer algo. Estamos moi contentos co traballo das xogadoras, este equipo está indo a máis e estamos competindo contra equipos que o ano pasado eran moi superiores a nós, estamos poñéndoos en dificultades".
Sandra Diz (Umia CF): "a partir del gol el equipo se relajó un poquito y lo aprovechó el Sardoma. Sin esos errores igual acababa en empate. Fue muy reñido y disputado, pero nuestros errores nos condenaron y no fuimos capaces de generar muchas ocasiones de gol para poder conseguir reducir la distancia en el marcador o empatar".
Luís Treviño (Interrías): "nos vimos reforzadas con el gol en el minuto 10 y a partir de ahí estuvimos muy metidas robando y buscando jugadora. Es un partido para sacar conclusiones muy altas donde se vieron a dos buenos equipos y donde nosotras fuimos más agresivas de cara al gol. Es el mínimo que debemos dar durante toda la temporada".
Relacionadas:
-
O Interrías recupera o liderado tras vencer ao Umia CF nun derbi de alta intensidade (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O balón parado condena o Arousana en Valladares (2-2) e o Interrías cede o liderado tras caer fronte o Vitoria CF (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías é máis líder tras vencer o Sárdoma (1-2); o Umia cae goleado polo Victoria CF (5-2); e o Arousana salva o empate ante o Mos (2-2)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías leva o derbi ante o Arousana (0-3) e o Umia cae goleado na súa visita o Dépor en Abegondo (9-0)
Por Almu Dapena |
-
Definida a competición na Primeira Nacional feminina de fútbol, con inicio o próximo 17 de outubro
Por Redacción |