Un Teucro de dúas caras logra o empate no derbi ante o Atlético Novás (27-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Quinta xornada de División Honra Prata na que se enfrontaban a Sociedade Deportiva Teucro e o Atlético Novás no Pavillón Municipal. Tratábase dun derbi ao que o conxunto local chegaba sen coñecer a vitoria no que ía de tempada e, o seu rival estaba líder da táboa cun empate e tres vitorias ás súas costas.
Os primeiros minutos estiveron cheos de erros garrafales nos que o Teucro que non atopou o gol ata pasados os 10 minutos de partido. Nese momento o marcador xa lucía un 0-5 en contra. Previamente, co 0-4, Irene Vilaboa xa pedira tempo morto para cambiar o xogo dos seus.
Diego Martínez foi o que marcou o primeiro para os de Pontevedra, cambiando tórnalas dun partido que se antollaba costa arriba. Tras o gol, unha férrea defensa teucrista e o posterior acerto de Remeseiro, metéronos de novo no duelo.
O Novás respondía con outro tanto e, nese momento, chegaron os minutos para o Teucro. Fortes en defensa e efectivos en ataque realizaron un parcial de 3-0 que os poñía a un tanto da igualada (min. 15, 5-6).
Os locais xa estaban dentro do partido aínda que non conseguisen dar a volta ao marcador, o importante era reducir distancias, unha distancia que se mantivo ata os últimos minutos do primeiro tempo, ata que o Teucro volveu errar nos seus lanzamentos e o Novás aumentou a vantaxe en catro goles (min. 27, 9-13), que se reduciu co tanto de Victor Deco e chegar ao descanso con 10-13.
Tras o paso polos vestiarios o Teucro saíu enchufado. A pesar de que o conxunto do Rosal anotou o seu primeiro ataque que lles permitiu afastarse en catro tantos, os de Pontevedra responderon anotando con goles de Víctor Deco e Manuel Iglesias (13-15), pero de novo chegaron os erros e o Novás púxose con 14-18 cando se alcanzaba o minuto 7 da segunda metade.
A partir de aí o Teucro tivo idas e vindas. Ben se podía poñer a un gol do empate ou permitía ao rival volver afastarse en catro tantos (min. 15, 18-22), pero sempre indo por detrás no marcador.
Quedaban pouco máis de 8 minutos para que soase a bucina e os locais respondían o parcial de 0-4 que encaixaran con outro 4-0 que empataba por primeira vez o encontro (24-24).
Chegaban os minutos decisivos e o Teucro buscaba a vitoria tan ansiada e que se lles escapou nos anteriores encontros, con todo, de novo volveron quedar co mel nos beizos. Lograron poñerse por diante a falta de 3 minutos para as final grazas ao tanto de Manuel Iglesias, unha vantaxe que puido ser de dous goles se o porteiro visitante non parase o que sería o 27-25.
O Novás logrou o empate a 26 e o Víctor Deco anotou para o Teucro (27-26). O mesmo fixo o seu rival, que de novo igualou a contenda.
Quedaba un minuto para o final e o balón pertencíalle aos visitantes. Fallaron o seu ataque e o Teucro volveu ter outra oportunidade. Irene Vilaboa pediu tempo morto a falta de 15 segundos e así espremer o ataque dos seus, con todo, a forte defensa rival impediu a que sería a primeira vitoria desta tempada.
Finalmente, o partido concluíu en empate a 27-27 cun Teucro de dous caras. Comezou da peor maneira posible pero que soubo compoñerse para lograr o seu terceiro empate consecutivo este tempada.
Consulta as estatísticas do SD Teucro-Atlético Novás na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Teucro estrélase co Alicante e segue sen ver a vitoria esta tempada (29-31)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Xornada clave para o Teucro coa visita ao Municipal do Sporting Alicante
Por Redacción |
-
Ao Teucro escápaselle a vitoria e acaba empatando ante o Sant Martí de Adrianenc (29-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Tarde de terror para un Teucro negado ante un moi superior Barcelona B (47-24)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro viaxa a Barcelona na busca do seu primeiro triunfo
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa é recibida na Subdelegación do Goberno como referente da igualdade no balonmán
Por Redacción |
-
Valioso empate do Teucro contra o Bordils, a súa segunda igualada consecutiva fóra da casa (25-25)
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre Teucro e Sant Martí Adrianenc por 7 posibles positivos en COVID no equipo catalán
Por Diego Espiño |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |