Final de tempada para o Supermercados Froiz
Por Redacción
A tempada chega ao seu fin para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, pero antes diso a escuadra alimenticia afrontará un último reto.
O equipo ciclista dirixido por Evaristo Portela ten previsto pechar este atípico curso participando na Vuelta a Extremadura, ou tal e como foi rebautizada a Vuelta Tajo Internacional.
Serán dous días de competición, empezando este sábado 24 de outubro con 120 quilómetros de percorrido e concluíndo o domingo 25 cunha segunda etapa de 140 quilómetros. En ambos os dous casos o terreo esconderá dificultades montañosas que apuntan como decisivas para a clasificación.
Nesta última cita o Supermercados Froiz estará representado por: Samuel Blanco, Aarón Mariño, Abel Franco, Adrián Barros, Ramón Fernández e Marcos Jurado.
Relacionadas:
-
"Inmellorable" peche de tempada para o Supermercados Froiz coa Vuelta a Extremadura
Por Redacción |
-
O Froiz, dominador do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Aaron Mariño e Adrián Barros, os mellores do Froiz no final da Copa de España Elite-Sub23
Por Redacción |
-
As caídas deixan sen opcións o Froiz na Clásica de Torredonjimeno
Por Redacción |
-
O Froiz comparte coa Deputación o "momento apoteósico" que supuxo triunfo no Campionato de España
Por Redacción |