Máis de medio milleiro de inscritos para a 26 Baixada Internacional do Umia
Por Redacción
O cambio de data non afectou a unha Baixada Internacional do Umia que pechou unha participación máis que notable para a súa 26ª edición.
Tras o seu aprazamento o pasado mes de xuño, a tradicional proba de piragüismo disputarase o vindeiro sábado 17 de outubro con 46 equipos participantes, 433 embarcacións e ata 560 deportistas rexistrados, segundo confirma a organización.
Na cita estarán presentes clubs de Asturias ou Murcia, ademais de galegos, e na saída estarán tres deportistas olímpicos como Carlos Pérez 'Perucho' (ouro en Pequín 2008), Sete Benavides e o brasileiro Erlon de Sousa (prata en Río 2016).
A baixada servirá ademais nesta ocasión como Campionato Galego de Ríos.
A saída, situada na contorna da ponte de Barrantes, está prevista ás 16.00 horas da tarde para as categorías K-1 e C-1 Sénior, Júnior, Cadete e Veterano e K-2 e C-2 Cadete. Pola súa banda e as 16.30 horas desde a ponte de Cabanelas partirán os K-2 e C-2 Sénior, Júnior e Veterano.
O Club Náutico O Muíño, organizador do evento xunto á Federación Galega de Piragüismo, pide á participantes comprensión e colaboración ante as medidas e protocolos establecidos como prevención á Covid.
Relacionadas:
-
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence na 26 Baixada Internacional do Umia
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra leva o trofeo Entre Pontes
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Acento pontevedrés no equipo nacional de piragüismo do Centro de Alto Rendemento de Sevilla
Por Redacción |
-
Xornada moi disputada no Campionato Galego de Novas Promesas no Pontillón do Castro
Por Cristina Saiz & Redacción |