Álvaro Preciado, citado a unha concentración da Selección Española Júnior
Por Redacción
Despois de case 10 meses de inactividade a Selección Española Júnior de balonmán volve poñerse en marcha cunhas xornadas de concentración que se desenvolverán do 1 ao 8 de novembro no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sierra Nevada.
Na convocatoria do seleccionador nacional da categoría figura un xogador do Cisne, Álvaro Preciado, que esta campaña estase a estrear e gozando de protagonismo na máxima categoría, a Liga Asobal.
A convocatoria do primeira liña pontevedrés non supoñerá en principio un maior contratempo para o seu equipo, xa que deberá concentrarse cos Hispanos Júnior un día despois do duelo ante o Barcelona no Pavillón Municipal dos Deportes e finalizará antes da seguinte xornada, xa que aproveita un parón dunha semana na liga.
Todo iso sen contar a posible recolocación de partidos aprazados a causa da Covid, que no caso do Cisne ascenden a dous.
Ademais de Preciado na convocatoria de España figuran tres integrantes do Cangas, Alberto Martín, Daniel Fernández e Brais González, completando a lista de citados: Roberto Rodríguez (Balonmano Benidorm), Marcos Cancio (Helvetia Anaitasuna), Isidoro Martínez (Bathco Torrelavega), Ander Izquierdo (Helvetia Anaitasuna), Alejandro Barbeito (Barça), Ismael El Korchi (Quabit Guadalajara), David Roca (Barça), Juan Palomino (Barça), Mamadou Diocou (Barça), Sergi Alá (Füchse Berlin), Daniel Fernández (Frigoríficos Morrazo), Álex Pascual (Barça), Aitor García (Helvetia Anaitasuna), Robert Rosell (Barça) e Jaime Gallego (Bathco Torrelavega).
Esta será a primeira actividade da Xeración 2000/2001 tras participar no 4 Torneo Nacións de Estarreja (Portugal) en xaneiro, no que tamén estivo presente o xogador do Cisne e no que España enfrontouse a Alemaña, Francia e Portugal.
Os xogadores convocados están citados o 1 de novembro en Málaga, desde onde serán trasladados ata o CAR de Sierra Nevada. O equipo traballará en sesións dobres de adestramento diario ata o 8 de novembro, día no que os xogadores regresarán cos seus respectivos clubs.
Relacionadas:
-
Jabato leva a Daniel Virulegio e Carlos Álvarez de concentración coa Selección Española Xuvenil
Por Redacción |
-
Os contaxios por Covid no Cisne ascenden xa a 4 con medio equipo á espera dos resultados das súas PCR
Por Diego Espiño |
-
Nove meses despois, Jabato e os Hispanos Xuvenís póñense en marcha cunha concentración en Madrid
Por Redacción |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jabato, sobre o uso de máscaras no balonmán tras o positivo en COVID do xogador do Cisne: "no es una opción"
Por Almu Dapena |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |
-
Un Cisne de dúas caras queda ao bordo da remontada fronte ao Cuenca (29-32)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |